martes, 27 de marzo de 2012

Testeando: aprende xogando

Photobucket

TESTEANDO é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e materias que responden ó currículo das etapas de Primaria e Secundaria. Actualmente a web inclúe 1.081 test de 61 materias con 22.274 preguntas, e engádense en torno a 1.000 novas preguntas cada mes.

                                                                                           ¡Anímate a xogar!

xoves, 22 de marzo de 2012

Vídeo BE HAPPY: aprender a ser felíz

Un interesante vídeo que nos recorda que a felicidade está nos actos sinxelos e cotiáns

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=SpbMt7ehgeo?rel=0&w=420&h=315]

Reunión con familias: opcións ó rematar a ESO

 Photobucket


Onte tivemos unha reunión cos pais e nais do alumnado de 4º da ESO. Estivemos vendo que posibilidades tiña o alumnado ó rematar a ESO, así como da importancia de conseguir o Título de Graduado en ESO. Aqueles pais e nais que queirades consultar de novo a información podedes facelo pinchando  nos enlaces que aparecen a continuación:

Posibilidades ó rematar 4º ESO

Información xeral sobre o Bacharelato

Información xeral sobre ciclos formativos de Grao Medio.

Páxina con información sobre familias formativas de grao medio.

Prazos para solicitude de prazas en Bacharelato.

Recordade que se tendes algunha dúbida podedes poñervos en contacto co departamento de orientación do centro.

venres, 16 de marzo de 2012

E o rematar a ESO...¿que?

No seguinte enlace podedes consultar o power point coa información de Bacharelato que comentamos na clase.

Power point Bacharelato

Tamén vos deixo o power point sobre os ciclos formativos de grao medio.

Power point CF de Grao Medio

Recordade que tendes máis información nos seguintes enlaces:

Información sobre as 26 familias profesionais: www.todofp.es

Información sobre as ponderacións nas materias de modalidades do Bacharelato: www.ciug.cesga.es

martes, 13 de marzo de 2012

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Se estás facendo a ESO e che gustan os idiomas, a  Consellería de Educación convoca prazas para que poidas estudiar inglés ou francés en Galicia durante 2 semanas de xullo ou agosto de 2012.

Prazo: do 6 de marzo ó 7 de abril

Máis información pinchando na imaxe

Photobucket

luns, 12 de marzo de 2012

Cifras de paro por titulacións de FP e graos Universitarios

Photobucket


A web REALIDAD ECONÓMICA recolle cifras do números de técnicos de Formación Profesional de titulados universitarios parados en 2011 segundo os datos dos Servizos Públicos de Emprego.

Aínda que estas cifras non deben servir como criterio fundamental nin único para a elección vocacional, si poden ser de interese para coñecer mellor a realidade laboral. Tampouco deben servir para desilusionarnos, senon para ter máis clara as posibilidades de emprego despois de rematar a nosa formación.

Os enlaces que aparecen a continuación indican o número de persoas con titulación de FP ou con grao universitario que demandaban emprego nos servizos públicos de emprego estatal no  último semestre de 2011.

Estatísticas de titulados en Ciclos Formativos:

-Sanidade

-Agricultura, Pesca e Extracción

-Comercio e reparación de vehículos.

-Construcción.

-Artes plásticas e escénicas.

- Hostelería.

-Industrias manufactureras.

-Servizos á empresa.

-Servizos persoais, socioculturais e á comunidade.

Estatísticas de titulados en Graos Universitarios:

-Humanidades.

-Ciencias Sociais e Xurídicas.

-Ciencias da Saúde.

-Ciencias experimentais.

-Ensinanzas técnicas.

-Artes.

mércores, 7 de marzo de 2012

Información sobre ensinanzas deportivas

Photobucket


Hoxe na aula de 4º B saíron algunha dúbidas sobre as ensinanzas deportivas. Aquí preséntovos dous documentos para intentar resolver esas dúbidas.

No seguinte power point preséntanse as diferentes opcións para estudar ensinanzas deportivas. Ó final inclúense dous enlaces  nos que podedes atopar máis información.

Power point sobre ensinanzas deportivas.

Tamén podedes consultar o seguínte tríptico do Consello Superior de Deportes con información xeral sobre as ensinanzas deportivas.

Tríptico CSD.

luns, 5 de marzo de 2012

Revista ¿Como elexir?

O Ministerio de Educación  edita esta revista que che axudará a elexir os teus estudios e a túa formación.

Interésache se eres alumno/a de 3º ou 4º da ESO.

Destaca un artigo sobre as profesións con máis futuro, facendo unha breve análise por sectores produtivos: industria,comercio, servizos, agricultura...

Tamén describe brevemente o mundo da emprea e do traballo, os negocios por conta propia, axudas ó acceso a traballos por conta allea, etc...

Photobucket" alt="" />