luns, 27 de novembro de 2017

Poñemos en marcha a Escola de Familias do IES Poeta Añón

Hoxe as 19 horas está programada a primeira charla da "Escola de Familias" do IES Poeta Añón, dirixida ao pais e nais do alumnado da ESO.

O obxectivo da "Escola de Familias" é crear un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e formación sobre temas psicolóxicos, pedagóxicos e sociolóxicos que afectan aos vosos fillos e fillas na súa etapa de formación obrigatoria.

Para este curso están programadas as seguientes actividades:
1º TRIMESTRE:
 Como axudar aos fillos/as nos estudos?

2º TRIMESTRE:
  Uso responsable das novas tecnoloxías.

3º TRIMESTRE:
  Alimentación saudable na adolescencia.

Animádevos a participar !


Podedes consultar a presentación no apartado "ESCOLA DE FAMILIAS"  arriba na esquerda da pantalla

mércores, 8 de novembro de 2017

Ponderacións para o curso 2018/2019

Publicada na páxina da CIUG as ponderacións para o curso 2018/2019.
Para consultalas pincha aquí.

NOTAS DE CORTE 2017/2018

Publicadas na páxina da CIUG as notas de cortes do curso 2017/2018 no sistema universitario galego.

Consultar picando aquí.