venres, 4 de decembro de 2015

LOS CUENTOS QUE NOS CANTAN

Esta semana estivemos traballando co alumnado de 3º da ESO a visión que dende o a música, o cine e os contos clásicos nos ofrecen sobre os estereotipos de xénero.

Traballamos coa  presentación elaborada por Ianire Estébanez, psicóloga e creadora do blogue MI NOVIO ME CONTROLA LO NORMAL.

A presentación titúlase "Los cuentos que nos cantan" e podedes vela completa premento na imaxe:



mércores, 18 de novembro de 2015

CURTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: CONVIDADOS DE PEDRA.

Luís Mayo, Antía Villar, Melissa Lado e Alberto Rodríguez, alumnado do Instituto Poeta Añón, e mais a profesora Manuela Campos, preséntannos "Convidados de Pedra". No acto participará tamén o equipo actoral composto por Alba Calo, Jesús Alfonso Gallardo “Chucho”, Emilia M. Insua e Rosa M. Hermo.

Este traballo audiovisual está baseado no guión gañador do “Consurso de guións contra a violencia de xénero”. O premio, que outorga a Deputación da Coruñaconsistiu nun obradoiro de cine e mais a produción da propia peza, este ano titorizados por Esferobite. Podédela visualizar este venres en directo ou despois nas redes sociais.

Lembra que a cita está en Outes (A Coruña), na Casa de Cultura, o venres 20 ás 20:00h. Av de San Campio, 1, 15230 Outes, A Coruña.

martes, 17 de novembro de 2015

Os menores de idade coidan a súa privacidade máis que os adultos

Iso é o que se deduce dun estudo realizado polo Instituto de Internet da Universidade de Oxford e publicado en abril de 2014.
Tras realizar 2.000 entrevistas sobre a privacidade nas redes sociais, investigaron a frecuencia coa que persoas de distintas idades e distintos perfís psicolóxicos e sociodemográfiocos revisaban a configuración de privacidade das súas contas. Abarcaron as 10 redes sociais máis populares de Reino Unido.
Os resultados: O 95% dos adolescentes de 14 a 17 anos revisa o que comparte nas redes sociais e con quen. 
Le o artigo completo en kidsandteensonline.

Fonte: www.kidsandteensonline.com

Protocolo de urxencias sanitarias e enfermidade crónica da Consellería de Educación

As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas

xoves, 3 de setembro de 2015

CONVOCADAS AYUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO PARA EL CURSO 2015/2016

Con fecha de 1 de agosto  de 2015 se publicó en el BOE la convocatoria de ayudas para el alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo. 

  • Modalidades:
    • Ayudas y subsidios para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo derivada de discapacidad o trastornos graves de conducta.
    • Ayudas para programas complementarios a alumnos con necesidad específica de apoyo educativo asociada a altas capacidades.

  • Destinatarios:
    Alumnos escolarizados en centros educativos españoles, que acrediten la necesidad específica de recibir apoyo educativo y reúnan los requisitos establecidos
  • Requisitos:
    •  Generales: acreditar la necesidad específica de apoyo educativo, de acuerdo con lo requerido en las bases de la convocatoria para distintas situaciones y tipos de ayuda a conceder.
    •  Económicos
  • Dotación:
    La cuantía a conceder tendrá distintos componentes, en función de los requisitos y circunstancias del solicitante
  • Plazo de presentación
    • Hasta 30 de septiembre de 2015

  • ¿Cómo realizarlo?:
    A través de la página web del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte mediante formulario on-line, que debe ser imprimido, cumplimentado y presentado en el centro de estudios.


  • Documentación requerida para la solicitud:
    • Para acreditar los requisitos generales: Alguno de los tres siguientes documentos:
      • Certificado de un equipo de valoración y orientación de un centro base del Instituto de Mayores y de Servicios Sociales u órgano correspondiente de la comunidad autónoma.
      • Certificado de un equipo de orientación educativa y psicopedagógica o del departamento de orientación dependientes de la administración educativa correspondiente (el formulario genera el modelo)
      • Certificado de discapacidad.
    • Para acreditar, en su caso, la necesidad de recibir ayuda para reeducación pedagógica y del lenguaje: informe específico del equipo de orientación educativa y psicopedagógica o del departamento de orientación según los modelos que genera el formulario, certificación expedida por el inspector de zona o del equipo de orientación dependiente de las administraciones educativas y certificación acreditativa del coste del servicio expedida por el centro que lo presta (según el modelo que genera el formulario).
    • Para acreditar las circunstancias que dan derecho a deducción de la renta (familias numerosas, discapacidad calificada, etc.), presentará también documentación acreditativa según el caso: fotocopia del carnet de familia numerosa, del libro de familia, del certificado de discapacidad, de la pensión de orfandad, etc.

    Pincha para acceder á convocatoria.


venres, 19 de xuño de 2015

INFORMACIÓN SOBRE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA. CURSO 2015/2016

No seguinte documento podedes atopar información sobre a formación profesional básica.

CONVOCADAS PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES DE GALICIA


Convocadas as prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos de bacharelato ou formación profesional no curso 2015/2016.

Prazo de presentación das solicitudes:
- Alumnado matriculado en bacharelato: ata o 17 de xullo de 2015.
- Alumnado matriculado en ciclos formativos: ata o 7 de agosto.

Documentación a presentar: enlace

Para máis información:

Convocatoria

Páxinas web dos centros residenciais docentes de Galicia


martes, 16 de xuño de 2015

PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FP DE GRAO MEDIO. CURSO 2015/2016


Aberto o proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio para o curso 2015/2016.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
-Periodo ordinario: Do 17 de xuño ao 2 de xullo ás 13 horas.
-Periodo extraordinario: Do 1 ao 11 de setembro ás 13 horas.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
- PRESENCIALMENTE: No centro elexido como primeira opción.
-TELEMÁTICAMENTE: Cubrindo a solicitude vía web na aplicación www.edu.xunta.es/ciclosadmision  .Se fose necesario achegar documentación, poderase facer en calquera centro de Galicia con oferta de FP sostida con fondos públicos.

DOCUMENTO INFORMATIVO SOBRE A ADMISIÓN EN GRAO MEDIO

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA O PROCESO DE ADMISIÓN (REXIME ORDINARIO):

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
Logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solcitante ten dúas opcións:-
-Matricularse:  Deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar matriculado en calquera ensinanzanza, incluída a FCT, implica a renunica a participar no proceso de admisión a ciclos formativos.
-Renunciar á praza: Deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro de Galicia con oferta de FP ou telemáticamente a través da aplicación informática ( só é posible no caso das solicitudes telemáticas). A renuncia afectará a praza que lle foi adxudicada e todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a esa. Seguirase no proceso de adxudicación para as preferencias anteriores.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO:

OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO PARA O CURSO 2015/2016 (Actualizada o 16.06.2015)

Documentación e listaxes do procedemento de admisión

  • Listaxe provisional de solicitantes.
  • Listaxe definitiva de solicitantes.
  • 1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas.
  • 2ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas.
  • 1ª adxudicación extraordinaria: listaxe de persoas admitidas.
  • Listaxe provisional de solicitantes na convocatoria extraordinaria.
  • Listaxe definitiva de solicitantes na convocatoria extraordinaria.
  • 2ª adxudicación extraordinaria: listaxe de persoas admitidas.
  • Listaxes de ciclos e módulos con prazas vacantes (de matricula liberada).
  • Información de ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera.

MÁIS INFORMACIÓN  PINCHANDO AQUÍ.

martes, 2 de xuño de 2015

Orientación académica para o alumnado de 3º ESO

Presentación sobre orientación académica dirixiada ao alumnado e familias de 3º ESO. Na presentación podedes consultar que optativas é recomendable que cursedes en 4º da ESO en función dos estudos que queirades realizar unha vez rematada a ESO.

luns, 11 de maio de 2015

AS REVÁLIDAS DA LOMCE

Presentación de Fernando Trujillo que intenta aportar algo de luz sobre a incerteza que supoñen as reválidas  da nova lei educativa, a LOMCE. A partir do curso actual ( en E. Primaria) e en cursos sucesivos ( secudaria)  o alumnado terá que superar unha reválida para acadar o título de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.


sábado, 9 de maio de 2015

PRINCIPAIS NOVIDADES DA LOMCE

Interesante presentación sobre os cambios que introduce a LOMCE no sistema educativo ao longo das diferentes etapas: educación infantil e primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Fonte: Ester Alvarez

martes, 5 de maio de 2015

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2015/2016

Acceso ás ensinanzas superiores de Música
-Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente,
- Superar a proba específica de acceso



Lugar e prazo de inscripción:
Lugar: A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia.

-Conservatorio Superior de Música de Coruña

-Conservatorio Superior de Música de Vigo


Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de xuño de 2015.


Lugar e día a proba:
Día:
As probas específicas de acceso comezarán o día 22 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.

Lugar:
 Os conservatorios organizarán a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.


Proba específica: 
Especialidade: Composición.
A proba consistirá:
• Parte A: na realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.
• Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.
• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

– Especialidade: Dirección.
 A proba consistirá:
• Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
• Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.
• Parte C: na lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido polo aspirante de entre dous propostos polo tribunal.
• Parte D: realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.

– Especialidade: Interpretación (agás itinerario de Jazz). 
A proba consistirá:
• Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal.
• Parte C: na lectura á vista.

– Especialidade: Interpretación, itinerario de Jazz.
A proba consistirá:
• Parte A: na interpretación dun programa ata trinta minutos, integrado por obras do repertorio jazzístico. Será requisito indispensable que o aspirante improvise en cada unha delas.
• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.
• Parte C: na lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

– Especialidade: Musicoloxía. Itinerario: Etnomusicoloxía.
A proba consistirá:
• Parte A: na análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.
• Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.
• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

– Especialidade: Pedagoxía. Itinerario de Linguaxe Musical.
A proba consistirá en:
• Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.
• Parte B: nunha proba vocal individual.
• Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.



Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2015/2016

Acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais:
-Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente,
- Superar a proba específica de acceso

*Así mesmo, oderán acceder aos estudos superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a proba específica sinalada, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en artes plásticas e deseño.

Lugar e prazo de inscripción:
Lugar: A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.  (Rúa Xeneral Martitegui, 36002. Pontevedra. Teléfono: 986 861 251)

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 9 de xuño de 2015.


Lugar e día a proba:
Día: As probas específicas de acceso comezarán o día 23 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión avaliadora da proba específica de acceso.

Lugar:
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais organizará a distribución horaria e de espazos para facilitar a actuación da comisión avaliadora.

Proba específica:
1. A proba de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de tres exercicios:

Exercicio 1. Madureza e formación.
O primeiro exercicio consistirá na análise dun texto, relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos.
Este exercicio terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do/a alumno/a, capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio oscilará entre 0 e 10.

Exercicio 2. Coñecementos específicos.
O segundo exercicio versará sobre as materias do nivel educativo precedente: a) Historia de España, b) Historia da Arte, c) Física e Química, d) Bioloxía. O/A alumno/a seleccionará dúas das ditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre catro que lle sexan propostas de cada unha das dúas materias elixidas.
O tempo máximo para contestar a cada unha das cuestións sobre as materias elixidas será de sesenta minutos.
Este exercicio terá por obxecto acreditar que o alumno posúe coñecementos específicos suficientes para cursar os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Cada unha das materias do exercicio será puntuada de 0 a 10 e a media aritmética resultante constituirá a nota do exercicio.

Exercicio 3. Aptitude plástica.
O terceiro exercicio constará das seguintes partes:
a) Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabado do traballo.
b) Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades de cor.
c) Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.
O tempo máximo para a realización deste exercicio determinarao o tribunal de acceso.

Enlace á convocatoria

Enlace á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.




Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2015/2016

Acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática:

- Estar en posesión do Título de bacharel ( ou equivalente)
- Superar  a proba específica de acceso á que ser refire estas instrucións



Lugar e prazo de Inscripción:
Lugar:  Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ( Poza do Cabalo, s/n. Vigo.Pontevedra. Teléfono: 986 246 399/ 986 137 029)

Prazo: ata o 16 de xuño de 2015


Lugar e día da proba:
Lugar:  A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organizará a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.

a) As probas específicas de acceso comezarán o día 29 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.


c) Proba específica. O sistema de acceso constará dunha única proba, que comprenderá dous exercicios.
O primeiro exercicio é común a todas as especialidades e consistirá en dúas probas escritas. A primeira consistirá na análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda consistirá na análise dun fragmento dun ensaio teatral.
 O segundo exercicio estará referido á especialidade pola cal opten, o que se determina nas epígrafes seguintes:

Especialidade de Interpretación:
1) Traballo en grupo.
2) Traballo de interpretación.
3) Entrevista persoal.

Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia:
1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
2) Descrición dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
4) Proba de dirección de actores.
5) Entrevista persoal.

• Especialidade de Escenografía:
1) Realización dun debuxo do natural.
2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
4) Entrevista persoal.



Enlace á convocatoria

Enlace á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG)




xoves, 30 de abril de 2015

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2015/2016

Acceso ás ensinanzas superiores de Deseño:

- Estar en posesión do Título de bacharel ( ou equivalente)
- Superar  a proba específica de acceso á que ser refire estas instrucións

*Se estás en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño o acceso é directo, non precisas facer a proba.

Lugar e prazo de Inscripción:
Lugar: Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción.
Prazo: ata o 28 de maio de 2015


Lugar e día da proba:
Lugar: Escola de Arte Superior e Deseño (EASD)  Pablo Picasso da Coruña, de acordo co seguinte  horario:
– 1ª parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
– 2ª parte: das 16.00 ás 20.00 horas

Día: 19 de xuño de 2015


Enlace á convocatoria


Escolas de Arte e  Superiores de Deseño:

EASD Mestre Mateo. Rúa Virxe da Cerca, 32. 15703 - Santiago de Compostela. Tel.: 981 587 757 www.centros.edu.xunta.es/eartmestremateo

 EASD Pablo Picasso. Rúa Os Pelamios, 2. 15001 - A Coruña, 2. Tel.: 981 225 396 www.eapicasso.com

EASD Ramón Falcón. Paseo dos Estudantes, s/n. Montirón. 27002 - Lugo. Tel.: 982 220 790 www.escarteramonfalcon.com

EASD Antonio Faílde. Av. da Universidade, 18. A Cuña. 32005 – Ourense. Tel.: 988 238 365 www.escolarte.com





mércores, 29 de abril de 2015

Probas de acceso para as ensinanzas artísticas superiores: curso 2015/2016

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas artísticas para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran 19 anos no ano 2015.

Prazo de inscripción: ata o 28 de maio de 2015

Lugar de inscripción: Na secretaría dos seguintes centros:


  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. (Vigo)
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Pontevedra)

Documentación a presentar:
-Modelo de solicitude ( facilítano na secretaría dos centros anteriores)
-Fotocopia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte.

Día e lugar da proba: 5 de xuño no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) ás 9 h da mañá.

Partes da proba:

_  9.00 horas: Presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).
– Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 horas: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 horas: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

Enlace á convocatoria






luns, 13 de abril de 2015

Probas Libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2014/2015

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.



Prazo de solicitude de admisión
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2015 ata as 13:00 h.

mércores, 8 de abril de 2015

Aberto o prazo de inscripción para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Xa está aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso para ciclos formativos de grao medio.

Prazo de inscrición: do 7 ao 20 de abril ambos incluídos.

Que debo facer se quero inscribirme?
-Cubrir a solicitude de inscripción: enlace
-Entregala por dublicado (xunto coa fotocopia do DNI) na secretaría de calquera instituto onde se imparta FP.

Tamén podes facer a inscripción a través da páxina web: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do


Máis información sobre as probas de acceso en:

luns, 23 de marzo de 2015

INFORMACIÓN PARA FAMILIAS: SNAPCHAT

Dun tempo a esta parte está aumentando entre os adolescentes o uso dunha nova aplicación de mensaxería instantánea: snapchat.
O snapchat é moi similar ao whatsapp. O usuario pode enviar imaxes e vídeos  de forma instantánea entre dispositivos móviles, pero a diferencia de outras aplicacións de mensaxería, en snapchat a información elimínase automáticamente tras un tempo limitado ( en torno a dez segundos)

Esto supón unha ferramenta  perigosa se o obxectivo é o sexting, o ciberacoso o outro tipo de usos inadecuados.

Se queredes coñecer máis información sobre esta ferramente podedes premer nos seguintes enlaces:

Snapchat: que é e como funciona.

Sanpchat engana aos seus usuarios/as.


martes, 24 de febreiro de 2015

luns, 23 de febreiro de 2015

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2015

Xúntase a Orde do 17 de febreiro de 2015 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:
  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 ao 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.

Para máis información pasa polo departamento de orientación do instituto.

luns, 9 de febreiro de 2015

Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2015.

No DOG de 6 de febreiro de 2015 publícase a Orde pola que se convocan as probas para a obtención de determinados carnés a habilitacións profesionais no ano 2015.

Carnés profesionais que se convocan:
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado,categoría A.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado,categoría B
Habilitacións profesionais que se convocan:
- Operador/ora industrial de caldeiras.
- Instalador/ora de gas, categoría A.
- Instalador/ora de gas, categoría B.
- Instalador/ora de gas, categoría C.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/ora en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados

Prazo e lugar de presentación de solicitudes
  • Para a convocatoria ordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 9 ao día 20 de febreiro de 2015, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 13 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, tamén nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano.
Máis información pinchando no seguinte enlace.

venres, 30 de xaneiro de 2015

Publicado o Decreto 8/2015 que regula a convivencia nos centros escolares

Acaba de publicarse o Decreto 8/2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011,de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
O decreto regula as funcións do consello escolar, comisión de convivencia, claustro e equipo directivo en relación á promoción da convivencia escolar nos centros.

Tamén establece os criterios para a elaboración do Plan de Convivencia do centro, que debe incluír a análise do centro en relación á convivencia, medidas e programas que se levan a cabo, o protocolo para a prevención e intervención nos casos de acoso escolar, as normas de convivencia do centro, condutas contrarias á convivencia e correccións que correspondan.

Finalmente tamén recolle as condutas contrarias á convivencia escolar e medidas de corrección.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Convocadas 1.950 prazas para acceder á Escala de Tropa e Marinería das Forzas Armadas

Con data de 23 de xaneiro de 2015 publicouse no BOE  a convocatoria para o proceso de selección para incorporarse as escalas de tropa e marinería das forzas armadas.
Os requisitos de acceso son, entre outros, ter 18 anos e ter como mínimo o Título de Graduado en ESO.
Hai dous prazos para a solicitude:
-Do 24 de xaneiro ao 12 de febreiro.
-Do 2 ao 22 de xuño.
Podes consultar máis información na guía elaborada por Ibercaja pinchando na imaxe

Ou consultar directamente a información no BOE no seguinte enlace.


martes, 27 de xaneiro de 2015

Guía para pais e nais sobre o uso de INSTAGRAM



De un tempo a esta parte INSTAGRAM está arrasando entre os adolescentes, superando a Twitter en número de usuarios dende decembro de 2014.

É importante que as familias esteades familiarizadas co uso das redes sociais e que coñezades o que os vosos fillos e fillas publican e consultan  nas mesmas.

Para facilitarvos esta tarefa recomendámosvos a seguinte guía na que se explica que riscos pode ter Instagram, como protexer aos menores nesta rede social, como bloquear usuarios... e moita mais información de utilidade.

Podedes descargar a guía pinchando no seguinte enlace.





luns, 26 de xaneiro de 2015

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos

Acaba de publicarse a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

  • Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

venres, 23 de xaneiro de 2015

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Xúntase a Resolución do 14 de xaneiro de 2015 pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
  • As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS.CONVOCATORIA 2015

Acaba de publicarse  a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Importante
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación está activa a partir do 8 de xaneiro de 2015.
  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 8 de xaneiro de 2015 ao 6 de febreiro de 2015.

luns, 12 de xaneiro de 2015

COÑECER A FORMACIÓN PROFESIONAL

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) diseñou simuladores para 9 familias de Formación Profesional que reproducen situacións nas que o alumnado ten que  aplicar o coñecementos e/ou as competencias profesionais que correspondan.

Para cada unha das seguintes familias propoñen diferentes tarefas e información para levalas a cabo. 
  1. Artes gráficas.

  2. Edificación y obra civil.

  3. Fabricación mecánica.

  4. Hostelería y turismo.

  5. Industrias alimentarias.

  6. Madera, mueble y corcho.

  7. Mantenimiento y servicios a la producción.

  8. Sanidad.

  9. Servicios socioculturales y a la comunidad.

Trátase dun recurso interesante para comprender mellor as competencias profesionais propias da familia profesional.