mércores, 22 de maio de 2019

Nova aplicación para consultar información sobre o sistema universitario galego

O alumnado de TIC de 2º de bacharelato do IES Chan do Monte de Marín, desenvolveu unha aplicación web para a orientación universitaria en Galicia:



 Picando no enlace podedes consultar a seguinte información: 
  1. Táboas de ponderación de materias e graos
  2. Listado de titulacións ofertadas en Galicia, con notas de corte, vacantes e con posibilidade de filtrar e ordenar por diversos criterios.
  3. Ligazóns ás páxinas de cada universidade.
Animámosvos a consultala.

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/2020

Resolución do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/20.
  • O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.
 MÁIS INFORMACIÓN:

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020

Resolución do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/20.
  • O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.
 MÁIS INFORMACIÓN:

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020

Resolución do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20.
  • O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.
 MÁIS INFORMACIÓN:

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/2020

Resolución do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/20.
  • O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.

 Máis información:

mércores, 8 de maio de 2019

Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos



Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.


Actividades de formación convocadas :



 O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 30 de abril ao 30 de maio.

MÁIS INFORMACIÓN: