mércores, 18 de novembro de 2015

CURTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: CONVIDADOS DE PEDRA.

Luís Mayo, Antía Villar, Melissa Lado e Alberto Rodríguez, alumnado do Instituto Poeta Añón, e mais a profesora Manuela Campos, preséntannos "Convidados de Pedra". No acto participará tamén o equipo actoral composto por Alba Calo, Jesús Alfonso Gallardo “Chucho”, Emilia M. Insua e Rosa M. Hermo.

Este traballo audiovisual está baseado no guión gañador do “Consurso de guións contra a violencia de xénero”. O premio, que outorga a Deputación da Coruñaconsistiu nun obradoiro de cine e mais a produción da propia peza, este ano titorizados por Esferobite. Podédela visualizar este venres en directo ou despois nas redes sociais.

Lembra que a cita está en Outes (A Coruña), na Casa de Cultura, o venres 20 ás 20:00h. Av de San Campio, 1, 15230 Outes, A Coruña.

martes, 17 de novembro de 2015

Os menores de idade coidan a súa privacidade máis que os adultos

Iso é o que se deduce dun estudo realizado polo Instituto de Internet da Universidade de Oxford e publicado en abril de 2014.
Tras realizar 2.000 entrevistas sobre a privacidade nas redes sociais, investigaron a frecuencia coa que persoas de distintas idades e distintos perfís psicolóxicos e sociodemográfiocos revisaban a configuración de privacidade das súas contas. Abarcaron as 10 redes sociais máis populares de Reino Unido.
Os resultados: O 95% dos adolescentes de 14 a 17 anos revisa o que comparte nas redes sociais e con quen. 
Le o artigo completo en kidsandteensonline.

Fonte: www.kidsandteensonline.com

Protocolo de urxencias sanitarias e enfermidade crónica da Consellería de Educación

As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas