martes, 23 de marzo de 2021

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC. 23, 24 E 25 DE MARZO

 Os días 23, 24 e 25 de marzo a Universidade de Santiago de Compostela realiza encontros virutais con alumnado de ESO, Bacharelato interesado en estudar nos seus campus.

Se estás interesado/a podes visitar virtualmente os campus de Lugo e Santiago e asistir ás videoconferencias para informarte sobre os seus graos e formular as túas dúbidas.

 Enlace de acceso:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

As videoconferencias realízanse a través de TEAMS (só debes acceder, sen instalalo no ordenador).


Podes consultar os horarios no seguinte enlace: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais/horarios


PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO DE FP. CONVOCATORIA 2021

 Aberto o prazo de inscripción para as probas de acceso a ciclos formativos de FP. 

Do 15 ao 26 de marzo de 2021

Calendario das probas de acceso


    Solicitude de inscrición telemática

    Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

    Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude (Actualizado o 09/03/2021)

    Ligazón á aplicación informática


    Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D)