xoves, 22 de novembro de 2012

A semana pasada os grupos de 3º da ESO  estivemos traballando en Titoría  os conflitos interpersoais e os estilos de comunicación.  


No seguinte power-point podedes consultar toda a información.



Photobucket

luns, 15 de outubro de 2012

PROGRAMA ORIENTA 2012/13


Xa podedes consultar  o Programa Orienta do curso 2012/2013.


Toda a información está actualizada para este curso.  Recordámosvos que neste programa podedes atopar moita información relacionada coa orientación académica e profesional:

-cuestionarios que vos axuden a dicidir o voso futuro académico,

- itinerarios posibles,

-información sobre graos (notas de corte, ponderación, dobres graos, másteres...),

-bolsas e axudas,

-ciclos  formativos de grao medio e superior,

-PCPIs,

-ensinanzas artísticas, deportivas e musicais,

-centros onde se imparten os estudos...

Animádevos a entrar e descargar o Programa Orienta pinchando no enlace que vedes á dereita na pantalla, ou  consultar o OrientaOnline  directamente en internet sen descargar o programa ó teu computador (tamén pinchando no enlace que ves á dereita da pantalla).

xoves, 11 de outubro de 2012

HORARIO DE ATENCIÓN A FAMILIAS CURSO 2012/2013

O horario de atención a pais do departamento de orientación para o curso 2012/2013 é o seguinte.

Recomendámosvos ás familias que pidades cita previa no teléfono do instituto: 981850637

null

mércores, 12 de setembro de 2012

Empezamos novo curso



 

O luns 17 de setembro daremos comenzo ó curso 2012/2013.  Despois dunhas merecidas vacacións esperamos que veñades coas pilas cargadas e con moitas ganas de estudar e traballar. Pouco a pouco iremos engadindo no blog contidos que vos interesen relacionados coa acción titorial, a orientación académica e profesional, a educación en valores....

luns, 11 de xuño de 2012

Modalidades preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior

No seguinte enlace podedes consultar as modalidades preferentes e materias de bacharelato para acceder ós diferentes ciclos formativos de grao superior. A información está no ANEXO II, ó final do documento.

Enlace

luns, 4 de xuño de 2012

mércores, 23 de maio de 2012

Charlas informativas sobre orientación académica e laboral e outras actividades para o verán

Recordámosvos que  hoxe, 23 de maio e mañá xoves 24 de maio terán lugar no IES Poeta Añón, ás 19 horas, unhas xornadas informativas sobre orientación académica e laboral. Van dirixidas ó alumnado de 3º e 4º da ESO, PCPI, EPA e familias. As xornadas forman parte dunha serie de actividades levadas a cabo polo Concello de Outes para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar

Podedes consultar a información na páxina web do instituto ou ver os programas nos seguinte enlace:

Xornadas informativas.

Tamén podedes consultar o resto de actividades organizadas polo Concello de Outes para este verán. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de maio.

Actividades Concello de Outes. Verán 2012.

luns, 14 de maio de 2012

Convocatoria para prazas de residencias (bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior)

Photobucket


Con data de 10 de maio   publicouse no DOG a convocatoria de prazas de residencia  para estudios de bacharelato , ciclos formativos de grao medio e grao superior para aqueles alumnos/as que na súa comarca non poidan realizar ditos estudios por non existiren centros que os impartan.

A praza cubre pensión completa en calquera dos tres Centros Residenciais (A Coruña, Ourense ou Vigo) para o curso 2012/2013.

Podedes ampliar a información chamando ó 981 667 836 ou  no pinchando aquí.

mércores, 9 de maio de 2012

Parámetros de ponderación 2012

Acaba de saír publicado na páxina da Consellería de Educación os parámetros de ponderación das materias da fase específica das probas de acceso a grao para o curso 2012.

Podedes consultar o documento pinchando no seguinte enlace:

Parámetros de ponderación_2012

martes, 8 de maio de 2012

Boletín Escola de Pais. Maio 2012

Xa podedes consultar no blog o boletín de "Escola de Pais" do mes de maio. Nel podedes encontrar información sobre as diferentes alternativas do alumnado ó rematar 4º da ESO. Podedes consultalo pinchando na columna da dereita (Boletin Escola de Pais), no mes de maio.

 Photobucket

venres, 20 de abril de 2012

Un espíritu, una meta

Photobucket
"Un espíritu, una meta" é un programa de TVE que se emite dende xaneiro de 2012 os domingos ás 9.30  en La 2,  e que trata de achegar o mundo da Formación Profesional ós xovenes describindo historias reais de alumnos/as que cursan estos estudos. O programa pretende incidir na importancia da determinación e a constancia á hora de loitar e esforzarse para lograr convertir os soños en realidade.


Cada un dos vídeos ten unha duración aproximada de 30 minutos e  dedícanse a un ciclo formativo de grao medio ou de grao superior. Podes ver os seguintes vídeos na páxina de TVE a la Carta ou pinchando nos enlaces:

Información de: Claudio Castilla

mércores, 11 de abril de 2012

Programa ORIENTA 2011/2012


Photobucket
Podedes consultar no blogue do Departamento de Orientación do instituto o programa ORIENTA. Neste programa poderás atopar:


-Posibles itinerarios se estás cursando a ESO.

-Cuestionarios se estás na ESO, para decidir se continuas por formación profesional ou bacharelato.

-Cuestionarios profesionais, para decidir que familia profesional che pode interesar.

-Información sobre as materias e módulos a estudar nos diferentes ciclos formativos, bacharelato e graos universitarios.

-Oferta formativa de institutos e universidades, por comunidades autónomas.

-Catálogo de títulos. Dentro de cada familia profesional poder consultar os diferentes niveis formativos asociados: certificados de profesionalidade, PCPI, ciclos formativos de grao Medio e Superior, graos universitarios. Requisitos de acceso para cada nivel.

E moitas cousas mais...¡Anímate a entrar!

Podes  descargalo ó teu ordenador.

Ou consultalo directamente no blogue (versión limitada)

Tamén podes acceder pinchando nos cadros situados á dereita.

I Salón de oferta de Educación e Formación

Os días 12,13 e 14 de abril de 2012 celebrarase en Pontevedra o I Salón de oferta de Educación e Formación (EDUGAL). O obxectivo do evento é dotar ó alumnado e profesorado das ferramentas necesarias para poder tomar decisións coa maior información posible. A oferta do Salón comprende dende a elección da carreira universitaria ata o coñecemento dos diferentes cursos ós que opotan os traballadores en activo ou desempregados, pasando polo catálogo de Formación Profesional.

O salón estár aberto dende as 10:0 ata as 19:30 horas. Podes consultar máis información pinchando na imaxe.

 Photobucket

martes, 27 de marzo de 2012

Testeando: aprende xogando

Photobucket

TESTEANDO é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e materias que responden ó currículo das etapas de Primaria e Secundaria. Actualmente a web inclúe 1.081 test de 61 materias con 22.274 preguntas, e engádense en torno a 1.000 novas preguntas cada mes.

                                                                                           ¡Anímate a xogar!

xoves, 22 de marzo de 2012

Vídeo BE HAPPY: aprender a ser felíz

Un interesante vídeo que nos recorda que a felicidade está nos actos sinxelos e cotiáns

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=SpbMt7ehgeo?rel=0&w=420&h=315]

Reunión con familias: opcións ó rematar a ESO

 Photobucket


Onte tivemos unha reunión cos pais e nais do alumnado de 4º da ESO. Estivemos vendo que posibilidades tiña o alumnado ó rematar a ESO, así como da importancia de conseguir o Título de Graduado en ESO. Aqueles pais e nais que queirades consultar de novo a información podedes facelo pinchando  nos enlaces que aparecen a continuación:

Posibilidades ó rematar 4º ESO

Información xeral sobre o Bacharelato

Información xeral sobre ciclos formativos de Grao Medio.

Páxina con información sobre familias formativas de grao medio.

Prazos para solicitude de prazas en Bacharelato.

Recordade que se tendes algunha dúbida podedes poñervos en contacto co departamento de orientación do centro.

venres, 16 de marzo de 2012

E o rematar a ESO...¿que?

No seguinte enlace podedes consultar o power point coa información de Bacharelato que comentamos na clase.

Power point Bacharelato

Tamén vos deixo o power point sobre os ciclos formativos de grao medio.

Power point CF de Grao Medio

Recordade que tendes máis información nos seguintes enlaces:

Información sobre as 26 familias profesionais: www.todofp.es

Información sobre as ponderacións nas materias de modalidades do Bacharelato: www.ciug.cesga.es

martes, 13 de marzo de 2012

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Se estás facendo a ESO e che gustan os idiomas, a  Consellería de Educación convoca prazas para que poidas estudiar inglés ou francés en Galicia durante 2 semanas de xullo ou agosto de 2012.

Prazo: do 6 de marzo ó 7 de abril

Máis información pinchando na imaxe

Photobucket

luns, 12 de marzo de 2012

Cifras de paro por titulacións de FP e graos Universitarios

Photobucket


A web REALIDAD ECONÓMICA recolle cifras do números de técnicos de Formación Profesional de titulados universitarios parados en 2011 segundo os datos dos Servizos Públicos de Emprego.

Aínda que estas cifras non deben servir como criterio fundamental nin único para a elección vocacional, si poden ser de interese para coñecer mellor a realidade laboral. Tampouco deben servir para desilusionarnos, senon para ter máis clara as posibilidades de emprego despois de rematar a nosa formación.

Os enlaces que aparecen a continuación indican o número de persoas con titulación de FP ou con grao universitario que demandaban emprego nos servizos públicos de emprego estatal no  último semestre de 2011.

Estatísticas de titulados en Ciclos Formativos:

-Sanidade

-Agricultura, Pesca e Extracción

-Comercio e reparación de vehículos.

-Construcción.

-Artes plásticas e escénicas.

- Hostelería.

-Industrias manufactureras.

-Servizos á empresa.

-Servizos persoais, socioculturais e á comunidade.

Estatísticas de titulados en Graos Universitarios:

-Humanidades.

-Ciencias Sociais e Xurídicas.

-Ciencias da Saúde.

-Ciencias experimentais.

-Ensinanzas técnicas.

-Artes.

mércores, 7 de marzo de 2012

Información sobre ensinanzas deportivas

Photobucket


Hoxe na aula de 4º B saíron algunha dúbidas sobre as ensinanzas deportivas. Aquí preséntovos dous documentos para intentar resolver esas dúbidas.

No seguinte power point preséntanse as diferentes opcións para estudar ensinanzas deportivas. Ó final inclúense dous enlaces  nos que podedes atopar máis información.

Power point sobre ensinanzas deportivas.

Tamén podedes consultar o seguínte tríptico do Consello Superior de Deportes con información xeral sobre as ensinanzas deportivas.

Tríptico CSD.

luns, 5 de marzo de 2012

Revista ¿Como elexir?

O Ministerio de Educación  edita esta revista que che axudará a elexir os teus estudios e a túa formación.

Interésache se eres alumno/a de 3º ou 4º da ESO.

Destaca un artigo sobre as profesións con máis futuro, facendo unha breve análise por sectores produtivos: industria,comercio, servizos, agricultura...

Tamén describe brevemente o mundo da emprea e do traballo, os negocios por conta propia, axudas ó acceso a traballos por conta allea, etc...

Photobucket" alt="" />

luns, 27 de febreiro de 2012

Gymkhana virtual Salta Planetas


A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) en colaboración co Ministerio de Sanidade, convoca a IV edición da Gymkhana virtual "Salta Planetas".  Nela podedes participar mozos e mozas de 1º e 2º da ESO. Tras realizar a inscripción debedes de superar unha serie de probas lúdicas e educativas ideadas para a prevención dos problemas relacionados co consumo de alcohol entre adolescentes


¡Anímate a participar!

Itinerarios educativos

ITEPASAS é unha ferramenta do portal Educastur para a orientación académica e profesional que ten como finalidade facilitar ó alumnado a toma de decisións relacionada coa súa formación ofrecéndolle a posibilidade de percorrer tódalas opcións formativas que ofrece o sistema educativo unha vez rematados os estudos de ESO, Bacharelato e formación profesional. Tamén permite ó alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, achegarse ós sectores productivos e grupos ocupacionais máis axustados ós seus intereses, competencias e capacidades.

martes, 14 de febreiro de 2012

Probas para a obtención do Título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos

DATAS PREVISTAS PARA A CONVOCATORIA DE 2012:
As datas previstas para a celebración das probas para a obtención do título de graduado
en secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2012 son:
-Primeira convocatoria: 27 de abril.        PERÍODO de INSCRIPCIÓN : 20 ao 30 de marzo.
-Segunda convocatoria: 13 de setembro. PERÍODO  de INSCRIPCIÓN: 3 e 4 de setembro.

Podedes consultar toda a información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

luns, 13 de febreiro de 2012

BOLETIN "ESCOLA DE PAIS"

A partir do mes de febreiro publicaremos mensualmente un boletín titulado "Escola de Pais". A  través deste boletín mensual intentaremos ofrecer información ás familias do noso alumnado acerca da adolescencia e as súas características, dar pautas e orientacións para a educación en valores, prevención de conductas de risco, motivación para o estudio e outros aspectos relacionados coa adolescencia.

Photobucket

martes, 7 de febreiro de 2012

ILUSIÓNS ÓPTICAS

A veces non todo é o que parece...



Na web  www.psicoactiva.com   podedes atopar ilusións ópticas interesantes

mércores, 1 de febreiro de 2012

Charla da Garda Civil sobre drogas e alcohol

Hoxe estivo a Garda Civil no IES para falarlle ós alumnos de 3º da ESO sobre  os riscos das drogas e o  alcohol. Se queredes consultar información sobre este tema  (riscos das drogas, campañas de prevención, estatísticas en España e Galicia...) podedes consultar a páxina do Plan Nacional sobre Drogas.

Web do PNSD

martes, 31 de xaneiro de 2012

Obradoiro de Emprego Xuvenil 2012

PCPI E EPA:  A Dirección de Xuventude e Voluntariado realizará un Obradoiro de Busca de Emprego para mozos e mozas desempregados de ata 35 anos.

O Obradoiro celebrarase os días 16 e 23 de febreiro e 1 de marzo, de 16 a 19 horas.

O prazo de inscripción está aberto ata o 13 de febreiro.

Información e inscripción

luns, 30 de xaneiro de 2012

30 de xaneiro, día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Deixámosvos un  pequeno relato para pensar sobre o significado da paz. O relato está extraído da páxina web do profesor  Guillermo Ballenato.

"LA PAZ PERFECTA"

Emilio Calatayud, xuíz de menores de Granada

Presentamos a Emilio Calatayud, xuíz de menores de Granada coñecido polas súas  condenas exemplares.

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=ZfoAsNVkjAM]

 

 

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=ANvTDeyJ6_c]

venres, 27 de xaneiro de 2012

Web de técnicas de traballo intelectual para ESO

Presentamos unha web interesante para traballar na ESO as técnicas de traballo intelectual: valorar como estudamos, como podemos mellorar as nosas técnicas de estudo, como rendir máis nos exames....En xeral, trátase de pequenos "trucos" para que o noso rendemento sexa máis eficaz. A web foi elaborada por Raúl Martínez, profesor do Colexio "Villa de Móstoles".

Web de técnicas de traballo intelectual para ESO

mércores, 18 de xaneiro de 2012

Notas de corte de 2011 nas universidades galegas

Neste enlace podedes consultas as  nortas de corte de 2011 das tres universidades galegas (Coruña, Vigo e Santiago de Compostela)

Notas de corte 2011

 

Páxina web do IES

A continuación, se pinchades no seguinte enlace podedes accedes á páxina web do IES Poeta Añón

 

Benvida

Dámosvos á benvida ó novo blog do Departamento de Orientación do IES Poeta Añón de Outes.

A través deste blog iremos aportando información interesante relacionada coa acción titorial, a orientación académica, ó apoio ó proceso de ensinanza-aprendizaxe, convivencia...e moitas cousas máis. ¡Esperamos que vos sexan útiles!