luns, 17 de decembro de 2018

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS. Convocatoria 2019

Publicada a Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.
  
Oferta de unidades de competencia obxecto de acreditación. 
Baremo para determinar a orde de prioridade na admisión de solicitantes, cando existan máis persoas candidatas que prazas.
 Calendario previsto para o desenvolvemento do procedemento de acreditación

mércores, 7 de novembro de 2018

Escola de familias. Charla sobre Videoxogos, xogos online e apostas na rede.

O pasado luns 5 de novembro celebramos a primeira reunión da Escola de Familias do curso 2018/2019.
A temática elexida foi "Videoxogos, xogos online e apostas na rede". Asisitiu como relatora Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía, investigadora e docente na facultade de Psicoloxía de Universidade de Santiago de Compostela.

Podes consultar as recomendacións que nos ofreceu Patricia picando no seguinte enlace.

Agradecemos a asistencia as familias que participástedes e a Patricia a súa colaboración.




mércores, 27 de xuño de 2018

Admisión a ciclos de FP. Curso 2018/2019

Xa está aberto o prazo para a admisión a ciclos formativos de FP para o curso 2018/2019.


O prazo para presentar a solicitude xa está aberto. Pecha o día 3 de xullo ás 13 horas.


Pódese consultar por familia profesional (en que centros se oferta un ciclo determinado)  ou concello ( que oferta de ciclos hai nos institutos de cada concello)


Este ano obrigatoriamente hai que facer a solicitude a través de internet. Hai que darse de alta na aplicación, cubrir a solicitude, IMPRIMILA  e ENTREGALA (xunto coa documentación que se indique) en calquera centro onde se oferte formación profesional.


Moi importante lelas antes de facer a solicitude. Explican toda a información importante.


Consultar os listados nos prazos indicados!!

Toda a información sobre formación profesional en Galicia pódese consultar picando no enlace

luns, 11 de xuño de 2018

Centros residenciais docentes: convocatoria 2018

Xa está aberto o prazo para solicitar praza nos centros residenciais docentes de Coruña, Ourense e Vigo para o curso escolar 2018/2019.

Podedes consultar a información no seguinte enlace.


mércores, 23 de maio de 2018

Acceso a ensinanzas artísticas. Información para o acceso curso 2018/2019

Picando nas seguintes ligazóns podes consultar información sobre como acceder as diferentes ensinanzas artísticas no curso 2018/2019.

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2018/2019

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2018/2019

Instrucións para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2018/2019

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música para o curso 2018/2019

Instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non cumpran o requisito de titulación (2018)


3º ESO: información académica para a elección de materias de 4º ESO.

Achegamos a presentación da sesión realizada coas familias do alumnado de 3º ESO para a elección das materias de 4º. ENLACE









mércores, 14 de marzo de 2018

Uso responsable das novas tecnoloxías

Esta semana o alumnado da  ESO asistíu a unha charla sobre a prevención do consumo de alcol e drogas. 
A charla, impartida por membros da Garda Civil, forma parte do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, programa no que o IES participa dende fai varios cursos. 

Ademáis,  organizouse unha charla para as familias (dentro do programa de Escola de Familias ) onde  a Garda Civil lles facilitou aos pais información e consellos  para educar aos seus fillos/as  no uso responsable das novas tecnoloxías.

luns, 19 de febreiro de 2018

OS PERFÍS DAS OFERTAS DE EMPREGO

O Observatorio das Ocupacións do Servicio Público de Emprego Estatal  realiza anualmente, dende o ano 2012, un estudo referente aos "Perfís da Oferta de Emprego", que profundiza no coñecemento dos perfís profesionais e das competencias que requiren as empresas para cubrir os postos de traballo. Contén información das ocupacións que se ofertan polas empresas de Internet e a modo de ficha recolle: a caracterización da oferta, as competencias específicas requeridas para desempeñar o empego e o perfil requerido ao candidato/a (características persoais, formación e competencia, idiomas e informática e competencias persoais)

Pica no enlace para consultar a información.

xoves, 15 de febreiro de 2018

Convocadas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018

Publicada a Orde do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018.
Especialidades das convocatorias ordinaria e extraordinaria 2018
 Carnés profesionais que se convocan:
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
Habilitacións profesionais que se convocan:
  • Operador/a industrial de caldeiras
  • Instalador/a de gas, categoría A
  • Instalador/a de gas, categoría B
  • Instalador/a de gas, categoría C
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
  • Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados
Prazo e lugar de presentación de solicitudes
  • Para a convocatoria ordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
M

xoves, 8 de febreiro de 2018

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional  para o ano 2018.
Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.
Máis información:

martes, 16 de xaneiro de 2018

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS. Convocatoria 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Importante
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.