luns, 27 de febreiro de 2012

Gymkhana virtual Salta Planetas


A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) en colaboración co Ministerio de Sanidade, convoca a IV edición da Gymkhana virtual "Salta Planetas".  Nela podedes participar mozos e mozas de 1º e 2º da ESO. Tras realizar a inscripción debedes de superar unha serie de probas lúdicas e educativas ideadas para a prevención dos problemas relacionados co consumo de alcohol entre adolescentes


¡Anímate a participar!

Itinerarios educativos

ITEPASAS é unha ferramenta do portal Educastur para a orientación académica e profesional que ten como finalidade facilitar ó alumnado a toma de decisións relacionada coa súa formación ofrecéndolle a posibilidade de percorrer tódalas opcións formativas que ofrece o sistema educativo unha vez rematados os estudos de ESO, Bacharelato e formación profesional. Tamén permite ó alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, achegarse ós sectores productivos e grupos ocupacionais máis axustados ós seus intereses, competencias e capacidades.

martes, 14 de febreiro de 2012

Probas para a obtención do Título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos

DATAS PREVISTAS PARA A CONVOCATORIA DE 2012:
As datas previstas para a celebración das probas para a obtención do título de graduado
en secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2012 son:
-Primeira convocatoria: 27 de abril.        PERÍODO de INSCRIPCIÓN : 20 ao 30 de marzo.
-Segunda convocatoria: 13 de setembro. PERÍODO  de INSCRIPCIÓN: 3 e 4 de setembro.

Podedes consultar toda a información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

luns, 13 de febreiro de 2012

BOLETIN "ESCOLA DE PAIS"

A partir do mes de febreiro publicaremos mensualmente un boletín titulado "Escola de Pais". A  través deste boletín mensual intentaremos ofrecer información ás familias do noso alumnado acerca da adolescencia e as súas características, dar pautas e orientacións para a educación en valores, prevención de conductas de risco, motivación para o estudio e outros aspectos relacionados coa adolescencia.

Photobucket

martes, 7 de febreiro de 2012

ILUSIÓNS ÓPTICAS

A veces non todo é o que parece...



Na web  www.psicoactiva.com   podedes atopar ilusións ópticas interesantes

mércores, 1 de febreiro de 2012

Charla da Garda Civil sobre drogas e alcohol

Hoxe estivo a Garda Civil no IES para falarlle ós alumnos de 3º da ESO sobre  os riscos das drogas e o  alcohol. Se queredes consultar información sobre este tema  (riscos das drogas, campañas de prevención, estatísticas en España e Galicia...) podedes consultar a páxina do Plan Nacional sobre Drogas.

Web do PNSD