xoves, 23 de maio de 2013

Orientación académica en EPA

Podedes consultar o material para a orientación académica en Educación de Adultos ( información sobre bacharelato na modalidade de adultos e sobre os ciclos formativos de gramo medio, tanto en modalidade presencial como modular)

Presentación power-point

Anexo sobre bacharelato

 

martes, 21 de maio de 2013

Acreditación de competencias profesionais. Convocatoria 2013

Publicada a Orde do 25 de abril de 2013 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 21 de maio de 2013 ao 12 de xuño de 2013.


 logo acreditacion competencias

Dicionario de profesións

Seguramente algunha vez pensaches nalgunha profesión pero non sabías exactamente en que consistía ou en que poderías traballar....Outras, pode que che falaran de profesións que non sabías nin que existían...

Para ter una visión mais clara de moitas profesións, a páxina de información educativa educaweb presenta un dicionario de profesións onde poderás aclarar moitas destas cuestións.

vista de una clase

mércores, 15 de maio de 2013

Probas de acceso a grao medio: instrucións e sedes.


Intrucións xerais sobre a proba.

Sedes onde se realizará a proba.

DATA: 23  de maio de 2013

Presentación:
– Ás 9:00 horas.
Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
– Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
– Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2013/14.


No DOG de 14 de maio de 2013, publicouse a convocatoria para solicitar prazas de residencia nos centros residenciais de Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2013/2014.

¿QUE SON OS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES?

Os centros residenciais docentes (CRD) ofrecen manutención e
aloxamento a estudantes de bacharelato e de ciclos formativos de graos
medio e superior de formación profesional que cursan os seus estudos
fóra da súa localidade.

¿QUE SERVIZOS OFRECEN?

 Atención personalizada ao alumnado por persoal docente.
 Servizo de orientación.
 Servizo de mediación.
 Servizo médico.


PRAZO ORDINARIO: Ata o 14 de xuño do 2013.

PRAZO EXTRAORDINARIO : Primeira quincena de setembro.




SOLICITUDES: Entréganse nos propios Centros Residenciais Docentes.