luns, 14 de outubro de 2019

Protocolo para a atención educativa do alumnado con altas capacidades intelectuais.

Publicado o Protocolo para  a atención educativa do alumnado con altas capacidades intelectuais na comunidade autónoma de Galicia.
Podes consultando picando na imaxe.

 Protocolo

Convocadas as bolsas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de bacharelato en EEUU ou Canadá

A Fundación Amancio Ortega puxo en marcha este programa de bolsas co obxectivo de facilitar aos xóves de institutos e colexios españois un proceso de inmersión nunha cultura estranxeira, á vez que perfeccionan a aprendizaxe do inglés, durante un ano académico. Os estudantes seleccionados convivirán cunha familia do país de acollida e cursarán Grado 11 (equivalente a 1º Bacharelato).
A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Prazo de solicitude: ata 30 de outubro de 2019, 13 horas.
Toda a información das bolsas picando no seguinte enlace: https://becas.faortega.org/