martes, 18 de xuño de 2013

Aberto o prazo de admisión para ciclos formativos de grao medio para ocurso 2013-2014

Para realizar estudos de formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso para cada tipo de ensinanzas, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Do 17 de xuño ao 2 de xullo podedes presentar a solicitude de admisión a Ciclos Formativos de grao medio.

Calendario de admisión



Información, oferta e impresos do proceso de admisión 

Réxime Ordinario

Grao medio
Documentación grao medio
Grao superior
Documentación grao superior
Oferta de FP (graos medio e superior)
Oferta, clasificada por familia profesional (actualizado 14.06.2013)


Réxime Adultos presencial


Graos medio y superior
Documentación
Oferta, clasificada por familia profesional (actualizado 14.06.2013)


Réxime Adultos distancia


Graos medio y superior
Documentación
Oferta, clasificada por familia profesional (actualizado 14.06.2013)



Se precisas máis información pasa polo Departamento de Orientación!

mércores, 12 de xuño de 2013

Orientacións para o alumnado de 6º E.Primaria: consellos para triunfarna ESO.

Deixamos unha serie de consellos para o alumnado de 6º que en un par de meses xa serán alumnos de 1º ESO. Son algunha pautas para afrontar a nova Etapa con éxito: as clases, os hábitos de estudo, os exames...


Consellos para triunfar na ESO

martes, 11 de xuño de 2013

Oferta formativa de FP para o curso 2013-2014 en centros públicos

Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

Nas seguintes ligazóns podes atopar a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario na modalidade presencial, e a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia para o curso 2013-2014, clasificadas por provincia e concello, así como por familia profesional e ciclo:

Réxime ordinario na modalidade presencial:

 

Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):

xoves, 6 de xuño de 2013

Charla ao alumnado e familias de 3º ESO sobre a optatividade en 4ºESO


Nos enlaces que presentamos a continuación  podedes consultar a información para a elección de materias optativas de 4º da ESO. É a información  que esta semana estivemos traballando  na sesión de titoría de 3ºESO  e que logo explicamos ás familias na charla de onte. A presentación trata de orientarvos na elección de optativas a cursar en 4ºESO

Presentación

Recordade que para tomar unha boa decisión podemos seguir unha serie de pasos:

1º) Pensar que tipo de estudos superiores me gustaría facer:

-Estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias e Tecnoloxía (itinerario de Ciencias)


-Estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias e Tecnoloxía. (itinerario de Tecnoloxía)

-Estudos relacionados coa rama de Humanidades e Ciencias Sociais. (itinerario de Humanidades)

-Estudos relacionados coa rama de Humanidades e Ciencias Sociais. (itinerario de Ciencias Sociais)

-Estudos relacionadas coa rama de Artes.

2º) Según os estudos que queira facer, nas probas de acceso a grao (Selectividade) algunhas materias van a multiplicar a nota que obteñas nese exame por 0.1 e outras por 0.2 ( é o que se chaman as "Ponderacións"....Para ter máis nota tés que buscar aquelas materias que multipliquen por 0.2!!

- Ponderacións das materias nas probas de acceso a Grao (PAU) de 2013.

3º) Cando xa teño claro que materias "pesan" máis en cada carreira ou ciclo superior ....pois son as que teño que elexir no Bacharelato!

-Materias de modalidade do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía

-Materias de modalidade do bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

-Materias de modalidade do bacharelato de Artes.

4º) Se sei que bacharelato vou a cursar cando remate a ESO....xa podo seleccionar que optativas teño que cursar en 4ºESO.

E recorda....

-Se non sabes o que queres estudar, empeza por descartar o que non che gusta.

-Se tes pensado continuar cara un ciclo formativo de grao medio, non te condiciona tanto a elección de optativas de 4º (con excepcións!: pregunta no departamento de orientación)

- Vai de arriba a abaixo e non ao revés: pensa primeiro nos estudos que queres  (grao, ciclo formativo de grao superior...) e vai "baixando" para saber que tipo de bacharelato necesitas facer.