mércores, 30 de xaneiro de 2013

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro

A Consellería de Educación acaba de convocar as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos.

Datas da matrícula:

– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Datas dos exames:

-Convocatoria de maio: 31 de maio.

-Convocatoria de setembro:  12 de setembro.

Requisitos para poder presentarse á proba: 

1. Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estar en posesión do título de graduado en ESO  ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.

3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de ESO establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde de 2º de decembro de 2007


4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordibaria, na educación secundaria para adultos ou no 2º curso de PCPI.

Acceso á convocatoria

Informacion xeral, formulario de inscripción nas probas e probas de anos anteriores

 

luns, 21 de xaneiro de 2013

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Image

Xa están convocadas as probas de acceso para os ciclos formativos de grao medio.

Datas e lugares de inscrición nas probas: Do 25 de febreiro ó 8 de marzo de 2013  en calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de FP.

Realización das probas de acceso a grao medio: 23 de maio de 2013. 

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non ter o título da ESO.

A proba divídese en tres partes:

- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Matemática: matemáticas.

- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.

Convocatoria das probas 2013

Calendario das probas de acceso

Preguntas frecuentes

Contidos e criterios de avaliación das probas

Materiais didácticos para preparar as probas de acceso

Exames de convocatorias anteriores

Modelo de solicitude de inscripción

Se precisades máis información pasade nos recreos polo departamento de orientación ou por xefatura de estudos.