luns, 11 de xaneiro de 2016

CONVOCADAS PRAZAS PARA TROPA E MARINERÍA DAS FORZAS ARMADAS 2016.

No BOE de 7 de xaneiro publicouse o proceso de selección para prazas de tropa e  marinería do Exército de Terra, da Armada e Exército do Aire.

Hai dos ciclos de selección:
- Do 8 de xaneiro ao 27 de xaneiro de 2016.
- Do 27 de maio ao 15 de xuño de 2016.

Calendario de seleccion:


Pinchando no enlace da convocatoria poder consultar toda a información: condicións de acceso, como solicitar a cita previa para participar na selección, documentación a entregar, fases do proceso, probas físicas, exclusión médicas....




venres, 8 de xaneiro de 2016

Conovadas para abril as primeiras probas de acreditación da lingua galega (Celga) do ano 2016

Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.
O prazo de inscrición nestes exames, que se realizarán os días 2, 3, 9 e 10 de abril en Santiago de Compostela e en Ponferrada (dado o especial interese da promoción do uso do galego nos territorios galegofalantes do Bierzo e Sanabria), está aberto desde mañá ata o vindeiro 8 de febreiro. Canda a publicación das listaxes de admitidos definitivas, comunicarase o lugar ou lugares onde se realizarán os exames.
As probas celebraranse nas fins de semana do 2 e 3 (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e do 9 e 10 (Celga 3 e Celga 1, respectivamente). 
A convocatoria completa pódese consultar no seguinte enlace: Convocatoria CELGA 2016.


Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. Convocatoria 2016

Publicada a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.






Importante
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 11 de xaneiro de 2016.
  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro de 2016 ao 5 de febreiro de 2016.

xoves, 7 de xaneiro de 2016

OLLO COS MÓBILES DE SEGUNDA MAN

Despois das festas de Nadal toca reflexionar sobre un dos regalos máis demandados polos adolescentes nestas datas: os smartphones ou teléfonos intelixentes. 

Deixovos este interesante artigo da web kidsandteensonline sobre a compra de móbiles de segunda man e os riscos que conleva.