venres, 30 de xaneiro de 2015

Publicado o Decreto 8/2015 que regula a convivencia nos centros escolares

Acaba de publicarse o Decreto 8/2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011,de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
O decreto regula as funcións do consello escolar, comisión de convivencia, claustro e equipo directivo en relación á promoción da convivencia escolar nos centros.

Tamén establece os criterios para a elaboración do Plan de Convivencia do centro, que debe incluír a análise do centro en relación á convivencia, medidas e programas que se levan a cabo, o protocolo para a prevención e intervención nos casos de acoso escolar, as normas de convivencia do centro, condutas contrarias á convivencia e correccións que correspondan.

Finalmente tamén recolle as condutas contrarias á convivencia escolar e medidas de corrección.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Convocadas 1.950 prazas para acceder á Escala de Tropa e Marinería das Forzas Armadas

Con data de 23 de xaneiro de 2015 publicouse no BOE  a convocatoria para o proceso de selección para incorporarse as escalas de tropa e marinería das forzas armadas.
Os requisitos de acceso son, entre outros, ter 18 anos e ter como mínimo o Título de Graduado en ESO.
Hai dous prazos para a solicitude:
-Do 24 de xaneiro ao 12 de febreiro.
-Do 2 ao 22 de xuño.
Podes consultar máis información na guía elaborada por Ibercaja pinchando na imaxe

Ou consultar directamente a información no BOE no seguinte enlace.


martes, 27 de xaneiro de 2015

Guía para pais e nais sobre o uso de INSTAGRAM



De un tempo a esta parte INSTAGRAM está arrasando entre os adolescentes, superando a Twitter en número de usuarios dende decembro de 2014.

É importante que as familias esteades familiarizadas co uso das redes sociais e que coñezades o que os vosos fillos e fillas publican e consultan  nas mesmas.

Para facilitarvos esta tarefa recomendámosvos a seguinte guía na que se explica que riscos pode ter Instagram, como protexer aos menores nesta rede social, como bloquear usuarios... e moita mais información de utilidade.

Podedes descargar a guía pinchando no seguinte enlace.





luns, 26 de xaneiro de 2015

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos

Acaba de publicarse a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

  • Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

venres, 23 de xaneiro de 2015

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Xúntase a Resolución do 14 de xaneiro de 2015 pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
  • As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS.CONVOCATORIA 2015

Acaba de publicarse  a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Importante
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación está activa a partir do 8 de xaneiro de 2015.
  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 8 de xaneiro de 2015 ao 6 de febreiro de 2015.

luns, 12 de xaneiro de 2015

COÑECER A FORMACIÓN PROFESIONAL

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) diseñou simuladores para 9 familias de Formación Profesional que reproducen situacións nas que o alumnado ten que  aplicar o coñecementos e/ou as competencias profesionais que correspondan.

Para cada unha das seguintes familias propoñen diferentes tarefas e información para levalas a cabo. 
  1. Artes gráficas.

  2. Edificación y obra civil.

  3. Fabricación mecánica.

  4. Hostelería y turismo.

  5. Industrias alimentarias.

  6. Madera, mueble y corcho.

  7. Mantenimiento y servicios a la producción.

  8. Sanidad.

  9. Servicios socioculturales y a la comunidad.

Trátase dun recurso interesante para comprender mellor as competencias profesionais propias da familia profesional.


venres, 9 de xaneiro de 2015

¿GÚSTARÍACHE ESTUDAR 1º DE BACHARELATO EN EEUU OU CANADA?

Pois solicita unha bolsa da Fundación Amanción Ortega!

Se pasas o proceso de selección  poderás estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá durante o curso 2015/2016.

QUEN A PODE SOLICITAR?
- Estudar actualmente 4º ESO en España e ter pasaporte español.
-Ter unha nota media mínima de 7.5 en 3º ESO e de 8 en inglés.
-Aportar o certificado IRPF do último ano fiscal da unidade familiar.
-Non ter estudado  un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO)

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:  Do 7 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2015.
ONDE FACER A SOLICITUDE: Na páxina web (http://becas.faortega.org/ ). Deberás elexir só un destino ( EEUU ou Canadá)


Máis información:




xoves, 8 de xaneiro de 2015

LOMCE: Publicado o currículo da ESO

Con data de 3 de xaneiro de 2015 publícase no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto que establece o currículo básico da Educación Secundaría Obrigatoria  (currículo LOMCE)

Podedes consultalo pinchando no seguinte enlace.