mércores, 23 de maio de 2012

Charlas informativas sobre orientación académica e laboral e outras actividades para o verán

Recordámosvos que  hoxe, 23 de maio e mañá xoves 24 de maio terán lugar no IES Poeta Añón, ás 19 horas, unhas xornadas informativas sobre orientación académica e laboral. Van dirixidas ó alumnado de 3º e 4º da ESO, PCPI, EPA e familias. As xornadas forman parte dunha serie de actividades levadas a cabo polo Concello de Outes para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar

Podedes consultar a información na páxina web do instituto ou ver os programas nos seguinte enlace:

Xornadas informativas.

Tamén podedes consultar o resto de actividades organizadas polo Concello de Outes para este verán. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de maio.

Actividades Concello de Outes. Verán 2012.

luns, 14 de maio de 2012

Convocatoria para prazas de residencias (bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior)

Photobucket


Con data de 10 de maio   publicouse no DOG a convocatoria de prazas de residencia  para estudios de bacharelato , ciclos formativos de grao medio e grao superior para aqueles alumnos/as que na súa comarca non poidan realizar ditos estudios por non existiren centros que os impartan.

A praza cubre pensión completa en calquera dos tres Centros Residenciais (A Coruña, Ourense ou Vigo) para o curso 2012/2013.

Podedes ampliar a información chamando ó 981 667 836 ou  no pinchando aquí.

mércores, 9 de maio de 2012

Parámetros de ponderación 2012

Acaba de saír publicado na páxina da Consellería de Educación os parámetros de ponderación das materias da fase específica das probas de acceso a grao para o curso 2012.

Podedes consultar o documento pinchando no seguinte enlace:

Parámetros de ponderación_2012

martes, 8 de maio de 2012

Boletín Escola de Pais. Maio 2012

Xa podedes consultar no blog o boletín de "Escola de Pais" do mes de maio. Nel podedes encontrar información sobre as diferentes alternativas do alumnado ó rematar 4º da ESO. Podedes consultalo pinchando na columna da dereita (Boletin Escola de Pais), no mes de maio.

 Photobucket