luns, 27 de abril de 2020

4ºESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA. CADERNO 4.

Para a semana do 27 ao 30 de abril  propóñovos un caderno con información sobre formación profesional. Lede o caderno durante a semana e enviade as dúbidas que vos xurdan a dorientacionpoeta@gmail.com.
Recórdovos que o venres 1 e o luns 4 de maio non son lectivos, polo que colgarei o próximo caderno o martes, 5 de maio. Un saúdo a todo@s!

venres, 24 de abril de 2020

2ºESO: ACTIVIDADES DE TITORÍA PARA O 3º TRIMESTRE

Nos seguintes enlaces podes atopar fichas para traballar durante o 3º trimestre diferentes aspectos para mellorar o teu benestar emocional. Podes facelas ti só/soa ou acompañado de teus pais para ir comentando o que pensas.
*Son actividades VOLUNTARIAS, NON OBRIGATORIAS. Non inflúen en ningunha nota de ningunha materia.  


luns, 20 de abril de 2020

4º ESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA. CADERNO 3

Achego o terceiro caderno para o alumnado de 4º de ESO. Revisamos nel a información relacionada co sistema educativo (itinerarios), avaliación, promoción e titulación na ESO (pendente de actualizar cando a Consellería publique novas instruccións) e información sobre bacharelato.
Todos os contidos xa estaban vistos nas titorías do 2º trimestre, pero botádelle un vistazo por se xorden dúbidas.

Podedes descargalo en word ou pdf.




DESCARGAR EN PDF   (Recomendable) 

martes, 14 de abril de 2020

4º ESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA. CADERNO 2.

Achego un segundo caderno para o alumnado de 4º de ESO. Dentro da orientación académica continuamos traballando o autocoñecemento.
No caderno encontraredes un documento para reflexionar sobre as aptitudes e habilidades propias ( de esta parte non tendes que entregar nada) e un cuestionario para reflexionar sobre o voso futuro ( entregar ata o 20 de abril)
Podedes descargalo en word ou pdf.



DESCARGAR DOCUMENTO EN WORD

DESCARGAR DOCUMENTO EN PDF

Móbiles e pantallas en tempos de coronavirus: información para as familias

Achegamos un  vídeo para as familias onde se ofrecen algúns consellos básicos para o bo uso de móbiles e pantallas durante o confinamento.

Pica no seguinte enlace para ver o vídeo: enlace

venres, 3 de abril de 2020

4º ESO: QUEREDES COÑECER A USC? ENCONTROS NA ZONA USC.6, 7 E 8 DE ABRIL.

Os días 6,7 e 8 de abril a Universidade de Santiago de Compostela (USC)  levará a cabo o programa Encontros na USC na que o alumnado que o desexe poderá facer visitas virtuais ás titulacións de USC e outros servizos que ofrece a universidade.
Ademáis para cada titulación haberá un enlace que permitirá manter dende o propio ordenador unha videoconferencia con profesorado e estudantes do centro, no horario indicado xunto ao enlace.

QUE FACER PARA PARTICIPAR NA VIDEOCONFERENCIA:

  1. Pincha no enlace “Sumarse á videoconferencia da titulación”.
  2. Ábrese o Navegador e, se non tes instalado Teams,  elixe “Unirse por Internet en su lugar
  3. Ábrese outra ventana e elixe “Unirse ahora
  4. Xa podes participar na Videoconferencia En pleno confinamento podes visitar os Campus de Santiago e Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
MÁIS INFORMACIÓN PICANDO NO ENLACE.