luns, 28 de xaneiro de 2019

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIO

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
- Grao medio: Do 7 ao 22 de marzo.
- Grao superior:  Do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro

DÍA DA PROBA:
- Grao medio: 28 de maio
- Grao superior: 10 de abril

CALENDARIO COMPLETO:

Solicitude de inscrición telemática
Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

xoves, 24 de xaneiro de 2019

CONVOCADAS PROBAS PARA OBTER O TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Publicada a Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
  • Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
DÍA DA PROBA: 24 de maio (mañá e tarde)

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
DÍA DA PROBA: 6 de setembro ( mañá en tarde)
Resolución do 15 de xaneiro de 2019 (DOG)  ou no Departamento de Orientación do centro.