mércores, 16 de outubro de 2013

PROGRAMA ORIENTA 2013/2014

Xa podedes descargar o Programa ORIENTA 2013/2014.
Pinchando no enlace que tendes no blog (arriba á esquerda) podedes descargalo ao voso computador (versión completa) ou consultar o OrientaLine directamente en internet (versión reducida).
No programa atoparedes información sobre tódolos estudos: bacharelato, ciclos formativos de grao medio, ciclos formativos de grao superior, perfís de PCPI, carreiras universitarias...

Este ano tamén recolle información sobre a nova lei educativa, a LOMCE (Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación), que como xa sabedes foi aprobada este mes no Congreso, polo que comezará a implantarse no curso 2014/2015.

PROGRAMA ORIENTA 2013/2014 (Pincha no enlace para descargalo. Ir a "Bajar Orienta")

mércores, 2 de outubro de 2013


Comezamos novo curso e comezamos con novidades!  Cambiamos o blogue de plataforma (de wordpress a blogger), polo que a partir de agora  actualizarase únicamente nesta páxina.

Despois de descansar todo o verán, volvemos coas pilas cargadas e preparados para sacar adiante este novo curso.
Podedes consultar información actualizada sobre o Departamento de Orientación no seguinte enlace.