martes, 16 de febreiro de 2016

Convocadas as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior de formación profesional para 2016.

QUEN SE PODE PRESENTAR AS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO?
- Alumnado que non cumpra os requisitos académicos para acceder a FP de grao medio.
- Que cumpra 17 anos en 2016.

DATAS E LUGARES DE INSCRIPCIÓN:
Do 4 ao 15 de abril de 2016.
Entregar a solicitude de inscrición  en algún instituto que imparta ciclos formativos de FP ou nun Centro Integrado de Formación Profesional.

DÍA DE REALIZACIÓN DA PROBA:
25 de maio de 2016

- 9 horas: Presentación
-10 a 13 horas: parte matemáticas e parte sociolingüística.
-16 a 18 horas: parte científico-técnica.

MÁIS INFORMACIÓN:
- Acceso á convocatoria.
- Calendario das probas de acceso.
- Información de convocatorias anteriores.

luns, 15 de febreiro de 2016

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS NO ANO 2016

Especialidades das convocatorias ordinaria e extraordinaria 2016
Carnés profesionais que se convocan:
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil    autopropulsado,categoría A.
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil    autopropulsado,categoría B
Habilitacións profesionais que se convocan:
- Operador/a industrial de caldeiras.
- Instalador/a de gas, categoría A.
- Instalador/a de gas, categoría B.
- Instalador/a de gas, categoría C.
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de    calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga    de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de    mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de    refrixerantes fluorados
Prazo  de presentación de solicitudes
  • Para a convocatoria ordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 15 ao día 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 13 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

martes, 2 de febreiro de 2016

Convocadas as probas para a obtención do Título de ESO para maiores de 18 anos, en maio e setembro de 2016.


Convocadas as probas para a obtención do Título da ESO para maiores de 18 anos no 2016.

      Condicións das persoas aspirantes Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (O alumnado con dezaoito anos cumpridos que non fose proposto para o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e teña avaliación negativa ata nun máximo de cinco materias disporá, durante os dous anos inmediatamente seguintes ao remate da súa escolarización, dunha convocatoria anual de probas para superar as materias con avaliación negativa. Esta convocatoria terá lugar no mes de xuño e será incompatible con estar cursando as ensinanzas de adultos ou coa presentación ás probas libres para obter o título de graduado en educación secundaria previstas na Lei orgánica de educación). 
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
5. O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 
     -  5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. 
     - 5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.


  • Os prazos de matrícula son:
– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
      Días das probas: 
 1. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.
     Lugar de realización das probas:

Santiago de Compostela: (Podes consultar o resto das sedes na resolución)
 – Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos. 2016.


  • Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2016, nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía e Humanidades e ciencias sociais, 
  •  Condicións das persoas aspirantes: Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 
  • a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016. 
  • b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos. 
  • c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.
  • A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Consulta a convocatoria: Resolución do 13 de xaneiro de 2016 (DOG) Formulario de inscrición nas probas de 2016.Probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anosMateriais que se poden utilizar na realización da proba