luns, 19 de febreiro de 2018

OS PERFÍS DAS OFERTAS DE EMPREGO

O Observatorio das Ocupacións do Servicio Público de Emprego Estatal  realiza anualmente, dende o ano 2012, un estudo referente aos "Perfís da Oferta de Emprego", que profundiza no coñecemento dos perfís profesionais e das competencias que requiren as empresas para cubrir os postos de traballo. Contén información das ocupacións que se ofertan polas empresas de Internet e a modo de ficha recolle: a caracterización da oferta, as competencias específicas requeridas para desempeñar o empego e o perfil requerido ao candidato/a (características persoais, formación e competencia, idiomas e informática e competencias persoais)

Pica no enlace para consultar a información.

xoves, 15 de febreiro de 2018

Convocadas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018

Publicada a Orde do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018.
Especialidades das convocatorias ordinaria e extraordinaria 2018
 Carnés profesionais que se convocan:
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
Habilitacións profesionais que se convocan:
  • Operador/a industrial de caldeiras
  • Instalador/a de gas, categoría A
  • Instalador/a de gas, categoría B
  • Instalador/a de gas, categoría C
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
  • Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados
Prazo e lugar de presentación de solicitudes
  • Para a convocatoria ordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
M

xoves, 8 de febreiro de 2018

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional  para o ano 2018.
Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.
Máis información: