xoves, 30 de xaneiro de 2014

CHARLA DA GARDA CIVIL PARA O ALUMNADO DO 1º E 2º ESO: SEGURIDADE NA REDE

Onte, 29 de xaneiro estivo a Garda Civil no centro dando unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre a navegación segura por internet ( redes sociais, sexting, grooming...)
Pola tarde a charla estivo dirixida ás familias: informaron sobre como navegar de forma segura pola rede, sistemas de seguridade para protexer os equipos informáticos ( antivirus, antimalwer, firewalls...), programas para o control parental...
Podedes atopar a continuación os enlaces a algúns dos programas dos que nos falou a Garda Civil :

PROGRAMAS DE CONTROL PARENTAL:
- Norton Family
-Open DNS
- Amigo
Outros: Naomi, Kid Proyect.

PÁXINAS CON CONSELLOS PARA A NAVEGACIÓN SEGURA POLA REDE:
- Oficina de seguridade do internauta (OSI)
- Grupo de delitos telemáticos da Garda Civil
- Inteco. Instituto nacional de tecnoloxías da comunicación.
-Asociación de internautas.
-Alia2
-Protégeles
-Kasperskip. Antivirus.




venres, 24 de xaneiro de 2014

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS: CONVOCATORIA 2014

Publicada a Orde do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.


Relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación

  
Oferta de unidades de competencia obxecto de acreditación. 

Criterios de prioridade

  
Baremo para determinar a orde de prioridade na admisión de solicitantes, cando existan máis persoas candidatas que prazas.

Calendario previsto para o desenvolvemento do procedemento de acreditación

  
O desenvolvemento do procedemento de acreditación de competencias axustarase ao seguinte calendario:

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO 23 DE XANEIRO ATA O 21 DE FEBREIRO DE 2014

PODEDES SOLICITAR MÁIS INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO INSTITUTO

luns, 13 de xaneiro de 2014

A NOVA LEI DE EDUCACIÓN: A LOMCE

O 30 de decembro de 2013 entrou en vigor a Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro, de Mellora da Calidade Educativa publicada no BOE o 10 de decembro de 2013 ( mais coñecida como a LOMCE).

Os cambios comezarán no curso 2014/2015 .Podedes consultar  información sobre a nova Lei no apartado LOMCE que podes ver á esquerda da pantalla: calendario de implantación, materias da ESO, avaliación final da ESO (Reválida), Formación Profesional Básica ( substitúen aos PCPIs), etc...

¿Cales son os cambios máis importantes que che afectan?
-Itinerarios educativos: cando estés en 3º ESO terás que decidir se queres cursar 4º ESO polas ENSINANZAS ACADÉMICA a ou polas ENSINANZAS APLICADAS.

-Cando remates 4º ESO non obtés o Título da ESO aínda que aprobes tódalas materias. Terás que presentarte a un EXAME (reválida) que deberás APROBAR para obter o TÍTULO DE GRADUADO EN ESO.

-Cando remates 2º Bacharelato non obtés o Título de Bacharelato aínda que aprobes tódalas materias. Terás que presentarte a un EXAME (reválida) que deberás APROBAR para obter o TÍTULO DE BACHARELATO.

-DESAPARECE a proba de acceso a ensinanzas de Grao (PAEG), é dicir, a SELECTIVIDADE. As Universidades que o desexen, poderán fixar procedementos de admisión aos graos ( avaliacións específicas)