xoves, 18 de abril de 2013

Oferta de empregro público do corpo nacional de Policía. 2013

logotipo da policía nacionalO sábado 13 de abril, saiu publicada en BOE a convocatoria de oferta de emprego público do Corpo Nacional de Policía para 2013.

Convócanse:
- 50 plazas na escala executiva.
- 140 plazas ba escala básica.

Podes accedes ao enlace pinchando aquí.

mércores, 17 de abril de 2013

Convocadas as probas libres para a obtención do título de técnico e técnico superior.

Se tés:

-18 anos (para título de técnico) ou 20 anos (para título de técnico superior).

-Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Podes presentarte ás probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional

O prazo para a solicitude de admisión é do 19 ao 30 de abril á 13.00 horas. As solicitudes preséntanse en calquera secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Máis información :

Orde que regula a convocatoria.

Impreso de solicitude.

Información e documentación.

 grupo de tres jóvenes

luns, 15 de abril de 2013

Parámetros de ponderación 2013

Hoxe, 15 de abril, publicouse na páxina web  da Consellería de Educación os parámetros de ponderación das materias da fase específica das probas de acceso a grao para o curso 2013.

Consultade o ANEXO da Orde 5 de abril de 2013. Podedes ver as ponderacións pinchando no seguinte enlace:

Parámetros de ponderación_2013


balanza con 0.1 e 0.2

venres, 5 de abril de 2013

Vídeos sobre familias profesionais de Ciclos Formativos

Dende o  Consello de Asturias da Formación Profesional publícase unha colección de vídeos sobre as diferentes familias profesionais de FP.

Cada vídeo recolle información sobre os ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior de algunhas  familias profesionais de FP, cunha duración apróximada de 7 minutos.

También poderás ver tódolos vídeos  nesta páxina.

 imagen de una cámara de vídeo

Charla informativa para familias do alumnado de 4º da ESO

O xoves, 11 de abril as 19 horas terá lugar no salón de actos do instituto unha charla informativa dirixida ás familias do alumnado de 4º da ESO. Nela darase información sobre a solicitude de admisición para o bacharelato (itinerarios de bacharelato, modalidades, prazos de inscripción e matrículación ...) O prazo para a admisición de bacharelato estará aberto do 5 ao 17 de abril de 2013.

Para completar a orientación académica do alumnado, o xoves 11 de abril durante a mañán, profesorado do IES Campo de San Alberto (Noia) visitará ao alumnado de 4º da ESO para explicarlle a oferta formativa do seu centro ( bacharelato e ciclos formativos de grao medio).

 


Documento de información para as familias