xoves, 7 de novembro de 2013

XII XORNADAS DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: CIDADANÍA E CONVIVENCIA DIXITAL



O día 16 de novembro celebrase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a 12ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE: "Cidadanía e convivencia dixital", unha actividade organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Podes atopar o programa e a solicitude de inscrición na páxina web:

As xornadas son gratuítas e  están dirixidas a pais e nais e menores entre 7 e 15 anos. Os relatores serán profesionais do proxecto Pantallas Amigas.

A solicitude deberá remitirse por correo electrónico (info@xornadasigualdade.com) ou fax (981557402) antes do 13 de novembro. O aforo é limitado polo que admisión se fará por rigorosa orde de inscrición.