mércores, 27 de maio de 2020

NOTA INFORMATIVA PARA ALUMNADO E FAMILIAS

O blogue do departamento de orientación permanecerá inactivo ata marzo de 2021.
Disculpade as molestias.


domingo, 24 de maio de 2020

4º ESO. ORIENTACIÓN ACADÉMICA. CADERNOS 7 E 8.

O alumnado de 4º ESO xa tendes dispoñible na Aula Virtual do IES os cadernos desta semana ( 25 ao 31 de maio).
CADERNO 7: Oposicións a forzas e corpos de seguridade.
CADERNO 8: Bolsas e axudas.

Recorda que debes acceder a Aula Virtual > Orientación > Titoría 4ºA

3º ESO: COMO ELEXIR AS MATERIAS DE 4º ESO


 O alumnado de 3º ESO tendes dispoñible na Aula virtual do IES unha serie de vídeos para axudarvos a elexir as materias optativas de 4º ESO.
Debedes acceder a páxina do IES > Aula virtual> Orientación > Titoría 3ºA.
Podedes atopar vídeos sobre:
- Prazos e documentación para cubrir a matrícula de 4º ESO no IES Poeta Añón.
-Como se organiza o sistema educativo e que podo facer ao rematar a ESO.
- Información básica sobre bacharelato.
- Información básica sobre formación profesional.
- Recomendacións para a elección de materias de 4º ESO.
- Información sobre que se estuda nas diferentes materias que se ofertan en 4ºESO.
É recomendable que vexades os vídeos coa vosa familia, xa que vos poden botar unha man á hora de elexir.
Se tendes dúbidas enviademe un correo a dorientaciónpoeta@gmail.com


xoves, 21 de maio de 2020

ESCOLA DE FAMILIAS: MARIAN ROJAS ESTAPÉ

Continuamos no terceiro trimestre coa nosa Escola de Famililas. Nesta ocasión, a través dun vídeo que ofrece reflexións interesantes por parte de psiquiatra Marian Rojas Estapé.

PONENCIA: COMO EDUCAR PARA QUE LE PASEN COSAS BUENAS A TUS HIJOS.
"Cuando comprendes cómo funciona tu mente, cuando aprendes a gestionar tus emociones y enseñas a tus hijos a gestionarlas de forma correcta, les estás impulsando para que les pasen cosas buenas. El cerebro es plástico, crece, cambia, se modifica según el entorno, el cariño y la actitud. Aprender de estos temas ayuda a mejorar nuestra vida. Además, podemos aprender a ser felices, o lo más parecido a la felicidad que se alcanza en la tierra. Los estudios respaldan esta teoría, y cuanto antes enseñas a tus hijos, más probabilidades tienes de que tu hijo se enfrente a la vida de la mejor manera posible" nos cuenta Marian en esta maravillosa ponencia.


2º ESO: COMO ELEXIR AS MATERIAS DE 3º ESO

O alumnado de 2º ESO tendes dispoñible na Aula Virtual (ORIENTACIÓN> TITORÍA 2ºA/ 2ºB) información importante sobre a elección de materias para 3º ESO: vídeo explicativo sobre prazos, como cubrir a matrícula  e como elexir as materias de 3º ESO.

É IMPORTANTE QUE CONSULTEDES ESTA INFORMACIÓN E RECOMENDABLE QUE VEXADES O VÍDEO COA VOSA FAMILIA

domingo, 17 de maio de 2020

4º ESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA. CADERNO 6

Na semana do 18 ao 24 de maio, o alumnado de 4º da ESO  podedes descargar na Aula Virtual o Caderno 6 de orientación académica. Nel encontraredes información sobre as Ensinanzas de Réxime Especial: ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas.

Recordade que para acceder debedes entrar na Aula Virtual > Orientación > Titoría 4ºA


GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES EN GALICIA. 2020/2021

Hoxe  "A Voz de Galicia" publicou unha Guía de estudos superiores en Galicia. 2020/2021. 
Nela podedes atopar información actualizada sobre os estudos superiores que se ofertan en Galicia ( ciclos formativos de grao superior, graos universitarios e ensinanzas superiores de réxime especial).



17 MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA, TRANSFOBIA E BIFOBIA

Hoxe, 17 de maio, ademáis de conmemorar o Día das Letras Galegas, conmemórase o Día internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia. Para elo, recomendámosche o xogo SOMOS DIVERSIDADE. Unha mezcla entre o xogo da oca e o trivial para coñecer e /ou reforzar conceptos relacionados coa diversidade sexual e recordar a algunhas persoas importates na loita polos dereitos do colectivo LGTBI.



SOMOS DIVERSIDADE: Descargar tabolerio, intrucións e respostas.

sábado, 9 de maio de 2020

4º ESO: PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN. IMPORTANTE!!

O alumnado de 4º ESO ten dispoñible na Aula Virtual (ORIENTACIÓN> TITORÍA 4ºA) información importante sobre a solicitude de admisión a 1º de Bacharelato:
Vídeos explicativos sobre prazos, como cubrir a solicitude, documentos complementarios a entregar... así como enlaces a documentación de interese.

É IMPORTANTE QUE CONSULTEDES ESTA INFORMACIÓN!!

mércores, 6 de maio de 2020

NOVOS PRAZOS NOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN

Para o alumando que estades actualmente en 4º ESO, reanúdase o procedemento de admisión para cursar 1º de bacharelato no curso 2020/2021.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Enlace ao DOG

3º TRIMESTRE: INFORMACIÓN PARA FAMILIAS















3º TRIMESTRE: A IMPORTANCIA DE MANTER UN BO ESTADO EMOCIONAL

Achego algúns enlaces que vos poden axudar a manter un bo estado emocional durante o confinamento, desescalada e nova normalidade.

ESTRÉS E COVID-19
https://www.who.int/docs/default-source/coronaviruse/200762-coping-with-stress-during-the-2019-sp.pdf










PRÁCTICA GUIADA RESPIRACIÓN (Descargar  Respirad AUDIO, abaixo á dereita)



3º TRIMESTRE: AUTORREGULAR A APRENDIZAXE. TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL.

Picando nos enlaces que aparecen a continuación atoparedes información para mellorar o voso rendemento académico: como facer un horario, como debe ser o ambiente de estudo, como estudar as diferentes materias, mellorar a túa memoria.... Precisas ter Flash actualizado para poder acceder ás páxinas.

Baixando na columna da dereita podes acceder a máis enlaces no apartado TECNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL.





3º TRIMESTRE: COMO ORGANIZAR AS TAREFAS ESCOLARES

Por aquí vos deixo algunhas ideas para organizarse coas tarefas escolares durante o 3º trimestre.


ESTUDAR EN TEMPOS DE CORONAVIRUS







http://orientacioniespoeta.blogspot.com/2020/03/aprender-en-tempos-de-coronavirus.html

luns, 4 de maio de 2020

4ºESO. ORIENTACIÓN ACADÉMICA. CADERNO 5

Para a semana do 5 ao 10 de maio propóñovos un caderno con enlaces para coñecer as diferentes profesións. Lede o caderno durante a semana e enviade as dúbidas que vos xurdan a dorientacionpoeta@gmail.com.