mércores, 30 de abril de 2014

XORNADAS: O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes


O martes 29 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela unha xornada  de formación para profesionais da educación sobre o uso responsable de Internet.

De entre moitas cuestións interesantes que se trataron alí, quero destacar un par de webs que recomendou uns dos poñentes, Guillermo Cánovas ( Presidente da Fundación Protégeles e director en España do Centro de seguridade en internet para os menores, organismo dependente da UE)

As tres webs están enfocadas tanto para adolescentes como para familias e ofrecen información de utilidade para que a navegación pola rede sexa segura, así como consellos para evitar prácticas de risco ( sexting, grooming, sextorsión...) 

Ademáis, nas páxinas poderás atopar vías de denuncia sobre contidos inapropiados que vexas nalgunha páxina web ( apoloxía ao racismo, xenofobia, anorexia, pornografía infantil...) ou tamén para denunciar algunha situación que che esté a pasar no eido de internet ou das redes sociais.

 - Páxina de Kids and teens on line. Está en español, aínda que tamén  hai algúns artigos en inglés. Contidos moi interesantes:  http://kidsandteensonline.com/
- Páxina do  Centro de internet segura para adolescentes: http://www.centrointernetsegura.es/
- Páxina da Fundación Protégeles: http://www.protegeles.com/







xoves, 24 de abril de 2014

O BUZÓN DE CONVIVENCIA DO IES POETA AÑÓN


Buzón de Convivencia


O buzón de conviencia é unha caixa de correo na que o alumando pode deixar suxestións, queixas, comentarios...relacionados coa convivencia.

Ao alumando explicaráselle en titoría como empregalo e para que serve exactamente.

Está ubicado xunto a ventanilla da fotocopiadora e empezará a empregarse no mes de maio.


INFORMACIÓN SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Durante este curso escolar no IES Poeta Añón estamos traballando para mellorar a convivencia entre o alumando e  levando a cabo medidas de prevención do acoso escolar e ciberacoso.

Unha destas medidas é a publicación de folletos informativos para alumnado, familias e profesorado e así coñecer mellor o fenómeno de acoso escolar e a súa prevención.


Podes consultar os folletos nos seguintes enlaces:

Folleto informativo sobre o acoso escolar e ciberacoso para alumnado

Folleto informativo sobre o acoso escolar e ciberacoso para familias


xoves, 3 de abril de 2014

CADERNO DE ORIENTACIÓN DE 4º ESO

No Caderno de orientación de 4º ESO poderás atopar toda a información académica que vimos nas titorias durante o 2º trimestre.

Podes descargar o caderno completo dende o lateral esquerdo do blog ( caderno, oferta de estudos de grao nas universidade galegas e notas de corte, información sobre bacharelato de adultos, ponderacións e vinculación das modalidades preferente de bacharelato e ciclos formativo de grao superior: Anexo I A e Anexo I B)