venres, 20 de abril de 2012

Un espíritu, una meta

Photobucket
"Un espíritu, una meta" é un programa de TVE que se emite dende xaneiro de 2012 os domingos ás 9.30  en La 2,  e que trata de achegar o mundo da Formación Profesional ós xovenes describindo historias reais de alumnos/as que cursan estos estudos. O programa pretende incidir na importancia da determinación e a constancia á hora de loitar e esforzarse para lograr convertir os soños en realidade.


Cada un dos vídeos ten unha duración aproximada de 30 minutos e  dedícanse a un ciclo formativo de grao medio ou de grao superior. Podes ver os seguintes vídeos na páxina de TVE a la Carta ou pinchando nos enlaces:

Información de: Claudio Castilla

mércores, 11 de abril de 2012

Programa ORIENTA 2011/2012


Photobucket
Podedes consultar no blogue do Departamento de Orientación do instituto o programa ORIENTA. Neste programa poderás atopar:


-Posibles itinerarios se estás cursando a ESO.

-Cuestionarios se estás na ESO, para decidir se continuas por formación profesional ou bacharelato.

-Cuestionarios profesionais, para decidir que familia profesional che pode interesar.

-Información sobre as materias e módulos a estudar nos diferentes ciclos formativos, bacharelato e graos universitarios.

-Oferta formativa de institutos e universidades, por comunidades autónomas.

-Catálogo de títulos. Dentro de cada familia profesional poder consultar os diferentes niveis formativos asociados: certificados de profesionalidade, PCPI, ciclos formativos de grao Medio e Superior, graos universitarios. Requisitos de acceso para cada nivel.

E moitas cousas mais...¡Anímate a entrar!

Podes  descargalo ó teu ordenador.

Ou consultalo directamente no blogue (versión limitada)

Tamén podes acceder pinchando nos cadros situados á dereita.

I Salón de oferta de Educación e Formación

Os días 12,13 e 14 de abril de 2012 celebrarase en Pontevedra o I Salón de oferta de Educación e Formación (EDUGAL). O obxectivo do evento é dotar ó alumnado e profesorado das ferramentas necesarias para poder tomar decisións coa maior información posible. A oferta do Salón comprende dende a elección da carreira universitaria ata o coñecemento dos diferentes cursos ós que opotan os traballadores en activo ou desempregados, pasando polo catálogo de Formación Profesional.

O salón estár aberto dende as 10:0 ata as 19:30 horas. Podes consultar máis información pinchando na imaxe.

 Photobucket