martes, 18 de novembro de 2014

Orientaguía: verdades, mentiras e estatísticas sobre estudos e emprego

No seguinte enlace podedes consultar un interesante artigo elaborado por Claudio Castilla no seu blogue "Orientaguía". Trátase dunha recompilación de diferentes estudos nos que se analiza o  índice de empregabilidade en función do nivel formativo acadado.

Ler artigo

mércores, 24 de setembro de 2014

Ciclos formativos con prazas vacantes (liberadas)

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 25 de setembro ás 9:00 horas ata o día 3 de outubro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes. 

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

luns, 8 de setembro de 2014

Axudas para alumnado con necesidades educativas de apoio educativo

 Con data de 12 de xullo de 2014 saíu publicada no BOE a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ( discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno de déficit de atención e hiperactividade)


Pódense solicitar axudas para:
- libros e material didáctico (compatible coa axuda para libros da Consellería)
- reeducación pedagóxica e/ou da linguaxe (levada a cabo fóra do horario escolar)

A solicitude realízase por vía telemática a través da páxina do Ministerio de Educación (www.mecd.gob.es ) ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación (http://sede.educacion.gob.es), no apartado correspondente a Trámites e Servizos

Tamén se pode presentar a solicitude, unha vez descargada das páxinas anteriores,  no instituto.

 Podedes consultar a convocatoria no seguinte enlace:


Preguntas frecuentes:


O prazo para a presentación das solicitudes está aberto ata o  30 de setembro de 2014.


Máis información  no departamento de orientación do instituto de 9.30 a 14 horas 


xoves, 3 de xullo de 2014

martes, 1 de xullo de 2014

Modificación da orde pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2014/2015

No artigo 15.1.b), páxina 27046, onde di: «b) Para os solicitantes matriculados en ciclos
formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de
2014», debe dicir: «b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día
seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2014»

venres, 20 de xuño de 2014

ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR. CONVOCATORIA 2014/2015

Para realizar estudos de formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso para cada tipo de ensinanzas (ter o Título da ESO para acceder a grao medio ou Tïtulo de Bacharelato para o acceso a grao superior, ou ben aprobar a proba de acceso correspondente) participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizados en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente.
Recorda que existen tres formas de cursar estas ensinanzas: réxime ordinario, réxime de adultos presencial e réxime de adultos a distancia.
Se precisas máis información podes consultar a presentación de Formación profesional que encontrarás neste blog, na etiqueta Decidir itinerario formativo, ou ben podes pasar polo departamento de orientación do IES.



mércores, 18 de xuño de 2014

CONSELLOS PARA O ALUMNADO DE 6º DE E.PRIMARIA

Como tódolos anos en xuño, viñeron a visitarnos o alumnado de 6º de E. Primaria dos CEIPs "Serra de Outes" e "Emilio Navasqües".
Falámoslle dos cambios  que se van a encontrar o próximo curso e estiveron vendo as aulas e as instalacións do IES.
Na reunión coas familias ofrecémoslles algunhas pautas para mellorar a transición do alumnado da educación primaria á secundaria. Aquí vos deixamos esas recomendacións:

CHARLA 3º ESO: ELECCIÓN DAS OPTATIVAS DE 4º ESO

Xa podedes consultar a presentación que estivemos vendo co alumnado de 3º ESO e coas familias, para a elección das materias optativas de 4º ESO.




3º eso from lneira

CHARLA PARA FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA


E ó rematar a e from lneira





Bacharelato from lneira

CFgraomedio_2014 from lneira

martes, 17 de xuño de 2014

Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/2015

Xúntase a Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.
  • O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato, entre o 17 de xuño e o 11 de xullo de 2014.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o 17 de xuño e o 18 de xullo de 2014.



venres, 23 de maio de 2014

INFORMACIÓN SOBRE AS BOLSAS DO MEC E CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Na seguinte presentación podedes consultar a información que traballamos en 4º ESO sobre as bolsas do ministerio de educación e sobre os centros residenciais docentes.
Se queredes máis información podedes solicitala:

-No departamento de orientación do IES.
-Na oficina municial de información xuvenil ( OMIX), na Casa da Cultura. Tefl: 981850 950 (Preguntade por Santi)

venres, 16 de maio de 2014

PROXECTO U-RANKING

O Proxecto U-Ranking, elaborado pola fundación BBVA e o IVIE ofrece na súa web unha ferramenta que che pode axudar á hora de elexir os teus estudos universitarios. En só tres pasos ( que queres estudar, donde e como) a ferramente xera a informaicón que inclue notas de corte e prezo dos créditos.

Enlace a U-Ranking



XA PODEDES UTILIZAR O BUZÓN DE CONVIVENCIA

Xa está instalado o Buzón de Convivencia no centro.
Podedes atopalo xunto a ventanilla da fotocopiadora.
Recordade que podedes empregalo para facer suxestións ou queixas relacionadas coa convivencia ou informar de problemas que estean a suceder no centro.

Animádevos a participar. A mellora da convivencia é cousa de todos!

mércores, 30 de abril de 2014

XORNADAS: O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes


O martes 29 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela unha xornada  de formación para profesionais da educación sobre o uso responsable de Internet.

De entre moitas cuestións interesantes que se trataron alí, quero destacar un par de webs que recomendou uns dos poñentes, Guillermo Cánovas ( Presidente da Fundación Protégeles e director en España do Centro de seguridade en internet para os menores, organismo dependente da UE)

As tres webs están enfocadas tanto para adolescentes como para familias e ofrecen información de utilidade para que a navegación pola rede sexa segura, así como consellos para evitar prácticas de risco ( sexting, grooming, sextorsión...) 

Ademáis, nas páxinas poderás atopar vías de denuncia sobre contidos inapropiados que vexas nalgunha páxina web ( apoloxía ao racismo, xenofobia, anorexia, pornografía infantil...) ou tamén para denunciar algunha situación que che esté a pasar no eido de internet ou das redes sociais.

 - Páxina de Kids and teens on line. Está en español, aínda que tamén  hai algúns artigos en inglés. Contidos moi interesantes:  http://kidsandteensonline.com/
- Páxina do  Centro de internet segura para adolescentes: http://www.centrointernetsegura.es/
- Páxina da Fundación Protégeles: http://www.protegeles.com/







xoves, 24 de abril de 2014

O BUZÓN DE CONVIVENCIA DO IES POETA AÑÓN


Buzón de Convivencia


O buzón de conviencia é unha caixa de correo na que o alumando pode deixar suxestións, queixas, comentarios...relacionados coa convivencia.

Ao alumando explicaráselle en titoría como empregalo e para que serve exactamente.

Está ubicado xunto a ventanilla da fotocopiadora e empezará a empregarse no mes de maio.


INFORMACIÓN SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Durante este curso escolar no IES Poeta Añón estamos traballando para mellorar a convivencia entre o alumando e  levando a cabo medidas de prevención do acoso escolar e ciberacoso.

Unha destas medidas é a publicación de folletos informativos para alumnado, familias e profesorado e así coñecer mellor o fenómeno de acoso escolar e a súa prevención.


Podes consultar os folletos nos seguintes enlaces:

Folleto informativo sobre o acoso escolar e ciberacoso para alumnado

Folleto informativo sobre o acoso escolar e ciberacoso para familias


xoves, 3 de abril de 2014

CADERNO DE ORIENTACIÓN DE 4º ESO

No Caderno de orientación de 4º ESO poderás atopar toda a información académica que vimos nas titorias durante o 2º trimestre.

Podes descargar o caderno completo dende o lateral esquerdo do blog ( caderno, oferta de estudos de grao nas universidade galegas e notas de corte, información sobre bacharelato de adultos, ponderacións e vinculación das modalidades preferente de bacharelato e ciclos formativo de grao superior: Anexo I A e Anexo I B)



mércores, 19 de marzo de 2014

ALTERNATIVAS AO REMATAR 4º ESO SEN TÍTULO


ALTERNATIVAS AO REMATAR 4º ESO CO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO


ORIENTACIÓN ACADÉMICA: INFORMACIÓN SOBRE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: INFORMACIÓN SOBRE BACHARELATO

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: QUE FACER AO REMATAR A ESO

luns, 17 de marzo de 2014

ORIENTAGUIA: INTERESANTE POST SOBRE VÍDEOS E ORIENTACIÓN


Recomendámovos que consultedes o último post de Orientaguía, de Claudio Castilla (orientaguia.wordpress.com), no cal se recolle unha recompilación de vídeos sobre orientación académica: saídas profesionais de ciclos formativos, ocupacións das diferentes familias profesionais...

Enlace a Orientaguía


martes, 11 de marzo de 2014

CONVOCADA A PROBA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR PARA O ANO 2014

Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2014.
Podes consultar a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014 na seguinte ligazón:
Máis información sobre as probas de acceso e detallada por grao en:
Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

INSCRICIÓN PARA A PROBA A GRAO MEDIO: Do 31 de marzo ao 11 de abril
CELEBRACIÓN DA PROBA DE GRAO MEDIO: 4 de xuño

venres, 7 de marzo de 2014

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O Dïa internacional da Muller Traballadora ou Día internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo.
A primeira convocatoria tivo lugar en 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza extendéndose a súa conmemoración, dende entón, a numerosos países. No 1977 a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o día 8 de amrzo como Dïa Internacional polos Dereitos da Muller y a Paz Internacional.
Fonte: Wikipedia

Enlaces de interese:
Dinámicas para a aula:





Webquests:

Linguaxe non sexista:

As mulleres no cine: 

Mulleres e ciencia:





xoves, 6 de marzo de 2014

TED GALICIA: 3 ACCIÓNS SINXELAS PARA MELLORAR A EDUCACIÓN

Xosé Manuel provoca unha reflexión acerca dos contidos dos debates sobre educación e conclúe con tres accións sinxelas que realmente mellorarían a educación.

Xosé Manuel Dopazo é profesor de Lingua e Literatura e Director do IES Maruxa Mallo.


martes, 25 de febreiro de 2014

¿QUERES PREPARAR O CELGA?


O 25 de febreiro publicouse no DOG a convocatoria de cursos gratuítos para preparar o certificado de lingua galega (CELGA). 

Podes facer a solicitude ata o 7 de marzo!









venres, 7 de febreiro de 2014

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS


Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Máis información:
PRAZOS DE MATRÍCULA: 
- Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

xoves, 6 de febreiro de 2014

SERVICIO DE EMPREGO: OCUPACIÓNS DE DIFÍCIL COBERTURA

No seguinte enlace podedes consultar as ocupacións de difícil cobertura que cada trimestre publica o Servizo Público de Emprego (SEPE).

Catálogo de ocupacións dificil cobertura


AS PROFESIÓNS MÁIS DEMANDADAS EN 2013

Xa podes consultar o informe Adecco 2014.
Neste informe podes consultar cales foron as profesións máis demandadas e cotizadas durante o ano 2013, segundo esta empresa de traballo temporal.

Informe Adecco

xoves, 30 de xaneiro de 2014

CHARLA DA GARDA CIVIL PARA O ALUMNADO DO 1º E 2º ESO: SEGURIDADE NA REDE

Onte, 29 de xaneiro estivo a Garda Civil no centro dando unha charla ao alumnado de 1º e 2º ESO sobre a navegación segura por internet ( redes sociais, sexting, grooming...)
Pola tarde a charla estivo dirixida ás familias: informaron sobre como navegar de forma segura pola rede, sistemas de seguridade para protexer os equipos informáticos ( antivirus, antimalwer, firewalls...), programas para o control parental...
Podedes atopar a continuación os enlaces a algúns dos programas dos que nos falou a Garda Civil :

PROGRAMAS DE CONTROL PARENTAL:
- Norton Family
-Open DNS
- Amigo
Outros: Naomi, Kid Proyect.

PÁXINAS CON CONSELLOS PARA A NAVEGACIÓN SEGURA POLA REDE:
- Oficina de seguridade do internauta (OSI)
- Grupo de delitos telemáticos da Garda Civil
- Inteco. Instituto nacional de tecnoloxías da comunicación.
-Asociación de internautas.
-Alia2
-Protégeles
-Kasperskip. Antivirus.




venres, 24 de xaneiro de 2014

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS: CONVOCATORIA 2014

Publicada a Orde do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.


Relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación

  
Oferta de unidades de competencia obxecto de acreditación. 

Criterios de prioridade

  
Baremo para determinar a orde de prioridade na admisión de solicitantes, cando existan máis persoas candidatas que prazas.

Calendario previsto para o desenvolvemento do procedemento de acreditación

  
O desenvolvemento do procedemento de acreditación de competencias axustarase ao seguinte calendario:

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO 23 DE XANEIRO ATA O 21 DE FEBREIRO DE 2014

PODEDES SOLICITAR MÁIS INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO INSTITUTO

luns, 13 de xaneiro de 2014

A NOVA LEI DE EDUCACIÓN: A LOMCE

O 30 de decembro de 2013 entrou en vigor a Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro, de Mellora da Calidade Educativa publicada no BOE o 10 de decembro de 2013 ( mais coñecida como a LOMCE).

Os cambios comezarán no curso 2014/2015 .Podedes consultar  información sobre a nova Lei no apartado LOMCE que podes ver á esquerda da pantalla: calendario de implantación, materias da ESO, avaliación final da ESO (Reválida), Formación Profesional Básica ( substitúen aos PCPIs), etc...

¿Cales son os cambios máis importantes que che afectan?
-Itinerarios educativos: cando estés en 3º ESO terás que decidir se queres cursar 4º ESO polas ENSINANZAS ACADÉMICA a ou polas ENSINANZAS APLICADAS.

-Cando remates 4º ESO non obtés o Título da ESO aínda que aprobes tódalas materias. Terás que presentarte a un EXAME (reválida) que deberás APROBAR para obter o TÍTULO DE GRADUADO EN ESO.

-Cando remates 2º Bacharelato non obtés o Título de Bacharelato aínda que aprobes tódalas materias. Terás que presentarte a un EXAME (reválida) que deberás APROBAR para obter o TÍTULO DE BACHARELATO.

-DESAPARECE a proba de acceso a ensinanzas de Grao (PAEG), é dicir, a SELECTIVIDADE. As Universidades que o desexen, poderán fixar procedementos de admisión aos graos ( avaliacións específicas)