martes, 3 de decembro de 2019

3 de decembro. Día internacional das persoas con discapacidade

Si, eu podo! Somos os superhumanos.
Vídeo promocional dos xogos paralímpicos de Río 2016. Un vídeo para ver e reflexionar.



1º charla da Escola de Familias. Curso 2019/2020

O pasado xoves, 21 de novembro comezamos coas charlas da Escola de Familias do IES Poeta Añón. Nesta ocasión acompañounos Gonzalo Sánchez Busóns coa charla "Emerxencia climática. Redución do uso de plásticos: como educar dende a casa?"
Grazas por participar.


Portal das familias da Consellería de Educación

No presente curso escolar a Consellería de Educación puxo en marcha un Portal das familias no que podedes consultar información de interese: bolsas e axudas, convocatorias de premios para o alumnado,  información sobre o proceso de escolarización en diferentes etapas educativas, información sobre titulación oficiais.... e moita máis información. Animádevos a consultalo.