ITEPASAS é unha ferramenta do portal Educastur para a orientación académica e profesional que ten como finalidade facilitar ó alumnado a toma de decisións relacionada coa súa formación ofrecéndolle a posibilidade de percorrer tódalas opcións formativas que ofrece o sistema educativo unha vez rematados os estudos de ESO, Bacharelato e formación profesional. Tamén permite ó alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, achegarse ós sectores productivos e grupos ocupacionais máis axustados ós seus intereses, competencias e capacidades.
Departamento de Orientación do IES Poeta Añón. Blogue no que se recollen novas e contidos relacionados coa orientación educativa, a atención á diversidade e acción titorial. Dirixido a alumando, familias e profesorado.
luns, 27 de febreiro de 2012
Itinerarios educativos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario