mércores, 23 de maio de 2012

Charlas informativas sobre orientación académica e laboral e outras actividades para o verán

Recordámosvos que  hoxe, 23 de maio e mañá xoves 24 de maio terán lugar no IES Poeta Añón, ás 19 horas, unhas xornadas informativas sobre orientación académica e laboral. Van dirixidas ó alumnado de 3º e 4º da ESO, PCPI, EPA e familias. As xornadas forman parte dunha serie de actividades levadas a cabo polo Concello de Outes para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar

Podedes consultar a información na páxina web do instituto ou ver os programas nos seguinte enlace:

Xornadas informativas.

Tamén podedes consultar o resto de actividades organizadas polo Concello de Outes para este verán. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de maio.

Actividades Concello de Outes. Verán 2012.

Ningún comentario:

Publicar un comentario