luns, 21 de xaneiro de 2013

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Image

Xa están convocadas as probas de acceso para os ciclos formativos de grao medio.

Datas e lugares de inscrición nas probas: Do 25 de febreiro ó 8 de marzo de 2013  en calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de FP.

Realización das probas de acceso a grao medio: 23 de maio de 2013. 

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non ter o título da ESO.

A proba divídese en tres partes:

- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Matemática: matemáticas.

- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.

Convocatoria das probas 2013

Calendario das probas de acceso

Preguntas frecuentes

Contidos e criterios de avaliación das probas

Materiais didácticos para preparar as probas de acceso

Exames de convocatorias anteriores

Modelo de solicitude de inscripción

Se precisades máis información pasade nos recreos polo departamento de orientación ou por xefatura de estudos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario