xoves, 6 de xuño de 2013

Charla ao alumnado e familias de 3º ESO sobre a optatividade en 4ºESO


Nos enlaces que presentamos a continuación  podedes consultar a información para a elección de materias optativas de 4º da ESO. É a información  que esta semana estivemos traballando  na sesión de titoría de 3ºESO  e que logo explicamos ás familias na charla de onte. A presentación trata de orientarvos na elección de optativas a cursar en 4ºESO

Presentación

Recordade que para tomar unha boa decisión podemos seguir unha serie de pasos:

1º) Pensar que tipo de estudos superiores me gustaría facer:

-Estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias e Tecnoloxía (itinerario de Ciencias)


-Estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias e Tecnoloxía. (itinerario de Tecnoloxía)

-Estudos relacionados coa rama de Humanidades e Ciencias Sociais. (itinerario de Humanidades)

-Estudos relacionados coa rama de Humanidades e Ciencias Sociais. (itinerario de Ciencias Sociais)

-Estudos relacionadas coa rama de Artes.

2º) Según os estudos que queira facer, nas probas de acceso a grao (Selectividade) algunhas materias van a multiplicar a nota que obteñas nese exame por 0.1 e outras por 0.2 ( é o que se chaman as "Ponderacións"....Para ter máis nota tés que buscar aquelas materias que multipliquen por 0.2!!

- Ponderacións das materias nas probas de acceso a Grao (PAU) de 2013.

3º) Cando xa teño claro que materias "pesan" máis en cada carreira ou ciclo superior ....pois son as que teño que elexir no Bacharelato!

-Materias de modalidade do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía

-Materias de modalidade do bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

-Materias de modalidade do bacharelato de Artes.

4º) Se sei que bacharelato vou a cursar cando remate a ESO....xa podo seleccionar que optativas teño que cursar en 4ºESO.

E recorda....

-Se non sabes o que queres estudar, empeza por descartar o que non che gusta.

-Se tes pensado continuar cara un ciclo formativo de grao medio, non te condiciona tanto a elección de optativas de 4º (con excepcións!: pregunta no departamento de orientación)

- Vai de arriba a abaixo e non ao revés: pensa primeiro nos estudos que queres  (grao, ciclo formativo de grao superior...) e vai "baixando" para saber que tipo de bacharelato necesitas facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario