venres, 8 de xaneiro de 2016

Conovadas para abril as primeiras probas de acreditación da lingua galega (Celga) do ano 2016

Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.
O prazo de inscrición nestes exames, que se realizarán os días 2, 3, 9 e 10 de abril en Santiago de Compostela e en Ponferrada (dado o especial interese da promoción do uso do galego nos territorios galegofalantes do Bierzo e Sanabria), está aberto desde mañá ata o vindeiro 8 de febreiro. Canda a publicación das listaxes de admitidos definitivas, comunicarase o lugar ou lugares onde se realizarán os exames.
As probas celebraranse nas fins de semana do 2 e 3 (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e do 9 e 10 (Celga 3 e Celga 1, respectivamente). 
A convocatoria completa pódese consultar no seguinte enlace: Convocatoria CELGA 2016.


Ningún comentario:

Publicar un comentario