martes, 2 de febreiro de 2016

Convocadas as probas para a obtención do Título de ESO para maiores de 18 anos, en maio e setembro de 2016.


Convocadas as probas para a obtención do Título da ESO para maiores de 18 anos no 2016.

      Condicións das persoas aspirantes Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (O alumnado con dezaoito anos cumpridos que non fose proposto para o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e teña avaliación negativa ata nun máximo de cinco materias disporá, durante os dous anos inmediatamente seguintes ao remate da súa escolarización, dunha convocatoria anual de probas para superar as materias con avaliación negativa. Esta convocatoria terá lugar no mes de xuño e será incompatible con estar cursando as ensinanzas de adultos ou coa presentación ás probas libres para obter o título de graduado en educación secundaria previstas na Lei orgánica de educación). 
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
5. O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 
     -  5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. 
     - 5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.


  • Os prazos de matrícula son:
– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
      Días das probas: 
 1. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.
     Lugar de realización das probas:

Santiago de Compostela: (Podes consultar o resto das sedes na resolución)
 – Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario