luns, 12 de xuño de 2017

CONDICIÓNS PARA A TITULACIÓN NA ESO. CURSO 2016/2017

Resolución de 9 de xuño da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do Título de Graduado en ESO.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, para a obtención do título de Graduado en ESO requerirase:

- Ter avaliación positiva en todas a materias ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente:
      *Lingua Galega e Literatura E Matemáticas, ou
      *Lingua Castelá e Litaratura E Matemáticas.

a) As materias coa mesma denominación en diferentes cursos consideraranse como materias distintas.

b) Sen prexuízo do anterior, para obter o título será preciso que o equipo docente considere que o alumno/a ten acadados os obxetivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.


Ao final de cada curso da ESO entregaráselles un Consello orientador que incluirá unha proposta do itinerario máis axeitado para seguir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario