luns, 14 de outubro de 2019

Convocadas as bolsas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de bacharelato en EEUU ou Canadá

A Fundación Amancio Ortega puxo en marcha este programa de bolsas co obxectivo de facilitar aos xóves de institutos e colexios españois un proceso de inmersión nunha cultura estranxeira, á vez que perfeccionan a aprendizaxe do inglés, durante un ano académico. Os estudantes seleccionados convivirán cunha familia do país de acollida e cursarán Grado 11 (equivalente a 1º Bacharelato).
A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Prazo de solicitude: ata 30 de outubro de 2019, 13 horas.
Toda a información das bolsas picando no seguinte enlace: https://becas.faortega.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario