mércores, 17 de abril de 2013

Convocadas as probas libres para a obtención do título de técnico e técnico superior.

Se tés:

-18 anos (para título de técnico) ou 20 anos (para título de técnico superior).

-Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Podes presentarte ás probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional

O prazo para a solicitude de admisión é do 19 ao 30 de abril á 13.00 horas. As solicitudes preséntanse en calquera secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Máis información :

Orde que regula a convocatoria.

Impreso de solicitude.

Información e documentación.

 grupo de tres jóvenes

Ningún comentario:

Publicar un comentario