venres, 5 de abril de 2013

Charla informativa para familias do alumnado de 4º da ESO

O xoves, 11 de abril as 19 horas terá lugar no salón de actos do instituto unha charla informativa dirixida ás familias do alumnado de 4º da ESO. Nela darase información sobre a solicitude de admisición para o bacharelato (itinerarios de bacharelato, modalidades, prazos de inscripción e matrículación ...) O prazo para a admisición de bacharelato estará aberto do 5 ao 17 de abril de 2013.

Para completar a orientación académica do alumnado, o xoves 11 de abril durante a mañán, profesorado do IES Campo de San Alberto (Noia) visitará ao alumnado de 4º da ESO para explicarlle a oferta formativa do seu centro ( bacharelato e ciclos formativos de grao medio).

 


Documento de información para as familias

Ningún comentario:

Publicar un comentario