martes, 5 de maio de 2015

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2015/2016

Acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática:

- Estar en posesión do Título de bacharel ( ou equivalente)
- Superar  a proba específica de acceso á que ser refire estas instrucións



Lugar e prazo de Inscripción:
Lugar:  Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ( Poza do Cabalo, s/n. Vigo.Pontevedra. Teléfono: 986 246 399/ 986 137 029)

Prazo: ata o 16 de xuño de 2015


Lugar e día da proba:
Lugar:  A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organizará a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.

a) As probas específicas de acceso comezarán o día 29 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.


c) Proba específica. O sistema de acceso constará dunha única proba, que comprenderá dous exercicios.
O primeiro exercicio é común a todas as especialidades e consistirá en dúas probas escritas. A primeira consistirá na análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda consistirá na análise dun fragmento dun ensaio teatral.
 O segundo exercicio estará referido á especialidade pola cal opten, o que se determina nas epígrafes seguintes:

Especialidade de Interpretación:
1) Traballo en grupo.
2) Traballo de interpretación.
3) Entrevista persoal.

Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia:
1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
2) Descrición dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
4) Proba de dirección de actores.
5) Entrevista persoal.

• Especialidade de Escenografía:
1) Realización dun debuxo do natural.
2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
4) Entrevista persoal.



Enlace á convocatoria

Enlace á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG)




Ningún comentario:

Publicar un comentario