martes, 5 de maio de 2015

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2015/2016

Acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais:
-Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente,
- Superar a proba específica de acceso

*Así mesmo, oderán acceder aos estudos superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a proba específica sinalada, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en artes plásticas e deseño.

Lugar e prazo de inscripción:
Lugar: A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.  (Rúa Xeneral Martitegui, 36002. Pontevedra. Teléfono: 986 861 251)

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 9 de xuño de 2015.


Lugar e día a proba:
Día: As probas específicas de acceso comezarán o día 23 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión avaliadora da proba específica de acceso.

Lugar:
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais organizará a distribución horaria e de espazos para facilitar a actuación da comisión avaliadora.

Proba específica:
1. A proba de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de tres exercicios:

Exercicio 1. Madureza e formación.
O primeiro exercicio consistirá na análise dun texto, relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos.
Este exercicio terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do/a alumno/a, capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio oscilará entre 0 e 10.

Exercicio 2. Coñecementos específicos.
O segundo exercicio versará sobre as materias do nivel educativo precedente: a) Historia de España, b) Historia da Arte, c) Física e Química, d) Bioloxía. O/A alumno/a seleccionará dúas das ditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre catro que lle sexan propostas de cada unha das dúas materias elixidas.
O tempo máximo para contestar a cada unha das cuestións sobre as materias elixidas será de sesenta minutos.
Este exercicio terá por obxecto acreditar que o alumno posúe coñecementos específicos suficientes para cursar os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Cada unha das materias do exercicio será puntuada de 0 a 10 e a media aritmética resultante constituirá a nota do exercicio.

Exercicio 3. Aptitude plástica.
O terceiro exercicio constará das seguintes partes:
a) Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabado do traballo.
b) Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades de cor.
c) Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.
O tempo máximo para a realización deste exercicio determinarao o tribunal de acceso.

Enlace á convocatoria

Enlace á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario