martes, 5 de maio de 2015

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2015/2016

Acceso ás ensinanzas superiores de Música
-Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente,
- Superar a proba específica de acceso



Lugar e prazo de inscripción:
Lugar: A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia.

-Conservatorio Superior de Música de Coruña

-Conservatorio Superior de Música de Vigo


Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de xuño de 2015.


Lugar e día a proba:
Día:
As probas específicas de acceso comezarán o día 22 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.

Lugar:
 Os conservatorios organizarán a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.


Proba específica: 
Especialidade: Composición.
A proba consistirá:
• Parte A: na realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.
• Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.
• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

– Especialidade: Dirección.
 A proba consistirá:
• Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
• Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.
• Parte C: na lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido polo aspirante de entre dous propostos polo tribunal.
• Parte D: realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.

– Especialidade: Interpretación (agás itinerario de Jazz). 
A proba consistirá:
• Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal.
• Parte C: na lectura á vista.

– Especialidade: Interpretación, itinerario de Jazz.
A proba consistirá:
• Parte A: na interpretación dun programa ata trinta minutos, integrado por obras do repertorio jazzístico. Será requisito indispensable que o aspirante improvise en cada unha delas.
• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.
• Parte C: na lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

– Especialidade: Musicoloxía. Itinerario: Etnomusicoloxía.
A proba consistirá:
• Parte A: na análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.
• Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.
• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

– Especialidade: Pedagoxía. Itinerario de Linguaxe Musical.
A proba consistirá en:
• Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.
• Parte B: nunha proba vocal individual.
• Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario